As nosas guerreiras da fin de semana!

Coa Segunda División, a Primeira Galicia e a Segunda Galicia rematadas, ás nosas rapazas tan só lles quedan as copas, e a promoción de ascenso no caso do PM Friol CD Lugo “B”. Precisamemte por esa fase de ascenso comezaremos o noso repaso semanal.

Na súa busca de unha praza na Primeira Galicia, a SD Chantada caeu por 2-5 ante a SD O Val, o que deixou ás do Sangoñedo fóra da seguinte eliminatoria nos últimos intres do choque. Foi un mal partido por parte das chantadinas, pero que non pode eclipsar a enorme temporada que fixeron as rapazas!

O filial friolense, pola súa banda, caeu na eliminatoria de campións ante o Betanzos (1-4 e 4-1), de xeito que agora xogaran unha repesca na que, de superar dous cruces, serán equipo de Primeira. O primeiro rival das da Reigosa será o Bergantiños, xogándose o primeiro choque nas Eiroas.

No que atinxe ás copas, o PM Friol CD Lugo superou ao Victoria (3-0) no primeiro partido da liguilla que determinará aos cruces do trofeo correspondente á Segunda Nacional, mentres que a Copa da provincia de Lugo aínda non comezou.

Imagen por defecto
Santi Real
De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.
Artículos: 458

Deja un comentario