#Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

Os sobranceiros da 1ª rolda da Fase de Ascenso e da Copa (volta)

A temporada na Terceira Rexional rematou para o Muimenta, o Lugo Unión, o Rioaveso, o Paradela, o Rubián e o Relámpago Taboada. O Celta Barreiros e o Catro Roldas loitarán pola praza de ascenso no norte. Mentres que o Antas e o Río Sil farano no sur. Á volta de Semana Santa xogaranse as eliminatorias.

Na fase de ascenso do grupo norte, o Catro Roldas remontou a súa eliminatoria ante a Milagrosa. Venceu pola mínima. O gol de Esteban Boo dálle o pase. O dianteiro foi expulsado ao pouco de comezar a segunda metade. A Mila apertou pero o cadro de Román termou. José Antonio, Diego e Iván foron dos máis sobranceiros. O seu rival na final será o Celta Barreiros. A ida no Cascabeiro. O cadro celeste fixo valer a súa vantaxe do partido de ida. E levouse tamén o partido de volta. O gol de cedo de Hugo deu tranquilidade. O Matela chegou a xogar con nove, pero non baixou o ritmo. Joserra estivo provindencial en varias accións. Evitou que o rival se metese na eliminatoria. Roberto, Álvaro, Hugo e Dani Pico foron outros dos que rendiron a bo nivel. A Mila e o Matela continúan en competición na Copa. O cadro capitalino xogará contra o Alfoz a segunda eliminatoria da fase previa. O Matela xogará co Friol B.

Na zona sur, a sorpresa estivo na Veiga do Olmo. O Castroverde desperdiciou a renda de dous goles que traía do Castro Seoane. Catro goles marcaron os pupilos adestrados por Melendo. O gol de Miguel sementou as esperanzas. A expulsión dun xogador local no ecuador do primeiro tempo tamén marcou o partido. A entrada de Minguello deulle máis aire ao Antas. Os locais acabaron con cinco expulsados. O Río Sil fixo valer a súa renda en plena Feira do Viño. Repetiu vitoria no derbi soberino. Sergio puxo a tranquilidade cun bo gol. Boca e Santi realizaron un bo labor como parella de centrais. O único negativo, os tres trocos por lesión. O Sober pasa a xogar a segunda rolda da fase previa da Copa ante o Quiroga. O Castroverde pasa exento ás eliminatorias da fase final.



Na volta da primeira eliminatoria da fase previa da Copa 2018 seis equipos despediron a temporada. A excepción de que se resolva a eliminatoria entre o Celeiro e o Fonsagrada este sábado. Na ida o cadro fonsagradino venceu a domicilio por 1-2. O dobrete de Pedro dálles vantaxe. Os locais entraron mal no partido pero souberon sobrepoñerse. Só un erro no tempo extra facilitou o segundo gol rival. Pola súa banda, o Muimenta non fixo valer a súa mínima renda na volta. Perdeu pola mínima no Pichón ante o Alfoz. Martiño liderou ao seu equipo xunto coa parella defensiva formada por Valea e Luismi. Os locais levaron o peso do partido pero non foron quen de ver porta. Tamén quedou fóra o Lugo Unión. O Cazás, coa súa vantaxe da ida, marcou un gol máis antes do descanso no Catro Ventos para resolver a eliminatoria. O Cazás agarda por rival que sairá do duelo entre o Celeiro e a Fonsagrada. A superioridade total desta fase demostrouna o Friol B. Ata dez goles marcou o filial friolés. Fíxoselle longo o partido a un Rioaveso que foi cos once xogadores xustos. Santi Carballido marcou catro goles e, xunto con Telmo, destacou no triunfo.

Na zona sur, o Quiroga pasou de eliminatoria no Gandarón. Venceu por 2-3 cun Juanmi exercendo de líder da defensa e xogando lesionado boa parte do encontro. Jose Gemelo marcou un dobrete. O Paradela non estivo acertado de cara o gol e o rival soubo aproveitarlle os espazos que deixou á contra. Os catro goles marcados no Poste serviron para o pase do Taboada B fronte ao Rubián. Aos visitantes non lles chegaron os dous que marcaron nos Chacotes, onde se xogou o partido. O filial taboadense soubo sufrir ante as baixas. O gardamallas Alexito, Fabri e Álex Rodríguez foron os máis sobranceiros. Iván e Miguel sobresaíron nun Rubián que o tentou ata o final. Tamén accede á seguinte rolda o Lemos B ao derrotar a domicilio ao Relámpago Taboada (2-6, foi o resultado correcto). Partido xogado no Anexo de Cerdeiriños. O filial lemista contou cunha boa actuación do porteiro Iván. Ademais tivo a definición que lle faltou noutros tramos da campaña. No Relámpago quedaron moi descontentos coa actuación arbitral.

Por tratarse da última vez que todos os equipos compitan esta temporada na Terceira Rexional, esta é a última na que os Sobranceiros contarán para participar no All Star Futbolinlugo. Continuará habendo Sobranceiros coa información semanal dos clubs que continúan en competición na Terceira. Pero os puntos xa non contarán.



Os sobranceiros da 1ª rolda da Fase de Ascenso e da Copa (volta)

Trío de Ases Terceira (Xornada 33)

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *