Hai escasos meses que soltamos a bomba. Futbolinlugo organizará o seu primeiro evento. Unha festa de final de temporada. O colofón a toda unha temporada chea de fútbol. O lugar elixido era A Marosa de Burela. E o día, o sábado 29 de xuño.

Jesús Vázquez Tallón. EP

Pois a ceremonia en cuestión xa vai collendo forma. Finalmente serán dous partidos os que se disputen e non un. Disputarase un encontro feminino na modalidade de fútbol-8. Acto seguido, terá lugar o choque entre os Destacados de Preferente e Terceira Galicia vs os Sobranceiros da Primeira e Segunda Galicia. Todo elo acompañado por unha previa repleta de concursos e sorpresas.

Vitín

De cara a este All Star contaremos coa inestimable axuda da Federación Galega de Fútbol. Ademais da aportación de material, ambos encontros serán dirixidos por colexiados adscritos á mesma. E tamén vos podemos adiantar novidades con respecto aos banquiños. Onde xa temos tres adestradores confirmados.

O seleccionador feminino sub12, Jesús Vázquez Tallón, estará en Burela despois de firmar unha clasificación histórica co combinado lucense. Así mesmo, viviremos o regreso aos banquiños de Víctor López ‘Vitín’. O talentoso preparador vén de asinar unha gran época no Pastoricense e o All Star Burela 2019 suporá a súa ‘volta aos ruedos’. Polo de agora, só nos queda mandarlle ánimos para que siga recuperándose da súa lesión de xeonllo.

E o terceiro elemento deste triángulo técnico recibe o nome de Pablo Álvarez. O exxogador de Deportivo, Lugo e New York City (entre outros) é de sobra coñecido pola súa vinculación coa nosa provincia. De feito, o seu irmán xogou en varios conxuntos do noso fútbol. Pablo, ovetense de nacemento, acudirá á nosa chamada. Será un dos buques insignia deste evento que promete emocións fortes. Agradecémoslle enormemente a súa presenza. Sabemos que non é doado cos varios compromisos que ten coa LFP. Nas próximas semanas seguiremos informando, nos nosos diversos medios, das novidades máis salientables no tocante a esta gran festa do fútbol lucense.

Comparte
                        

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*