#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Sin categoría

Un ascenso de libro

Subir de categoría non era o obxectivo marcado cando o Sporting Pontenova planificou esta temporada, ou polo menos así o afirma o seu adestrador, Dani Moirón. O certo é que, con propósito ou sen el, o conxunto da Mina foi o rival a batir na Segunda Galicia grupo norte. Nunha categoría marcada pola igualdade nos postos altos, o Pontenova comandou a clasificación dende a xornada sete de liga. Iso si, sen grandes diferenzas cos seus perseguidores pero sempre manténdose á fronte da clasificación. Este dominio foi o que fixo que con dúas xornadas de antelación (quedan dous partidos para que remate a competición regular) o club pontenovés conseguise o ascenso á Primeira Galicia, case vinte anos despois.

«Valoro o ascenso como froito de oito anos de traballo que levamos aquí. Non só o equipo deste ano, senon todos os anteriores que fixeron que ano a ano este club fose medrando e avanzando» sentencia Dani Moirón que destaca o acerto na confección do cadro de xogadores. Ademais formouse un gran grupo humano que mantivo o compromiso dende principio de temporada e mantivo unha liña regular que os fixo quedar xa campións de inverno.

Aínda que poida parecer fácil, Moirón subliña a igualdade da categoría: «houbo xornadas que só estábamos cun ou dous puntos de diferenza. Estes últimos partidos poida que parecesen máis sinxelos pero gañamos moitos encontros nos últimos minutos. Proba desa igualdade é que, aínda que o Pontenova xa é equipo da Primeira Galicia, fíxoo sen ser aínda campión. Fáltanlle dous puntos para sumar ese trofeo, pero o Xermade, situado a catro puntos na segunda posición aínda ten opción. Outros tres equipos (Lourenzá, Guitiriz e Iberia) aínda teñen opcións de ascender. No que resta de temporada, ademais de ser campión, o equipo da Mina tentará facer un bo papel na Copa: «é un torneo moi difícil, con eliminatorias a partido único. Afrontarémola ca máxima seriedade posible», apunta o técnico.

Un dos acertos do éxito do Sp. Pontenova estivo na confección do cadro de xogadores

Este ascenso volve encher de ilusión a vila da Pontenova que aínda lembra con nostalxia aqueles anos nos que o equipo chegou a xogar en Preferente e na Terceira Dvisión. Para un concello que ronda os 2.500 habitantes este ascenso «supón un paso máis na profesionalización do club. A Primeira é unha categoría na que hai equipos referentes do fútbol da provincia«, salienta Dani Moirón quen tamén destaca un dos valores do club, a canteira: «Andrés Bouza leva tres anos facendo un traballo excelente no equipo xuvenil. Esta temporada Roi Campos, xuvenil de segundo ano, foi case indiscutible. A idea é que para o ano saían dous ou tres rapaces máis«.



E así foi como se forxou un ascenso que empezaron a velo como posible dende mediados de xaneiro ao superar aos rivais da zona alta e ver como seguían na cabeza. Non renunciaron a nada e para o ano tocará recorrer toda a provincia, de norte a sur para expandir o fútbol pontenovés.

 



Un ascenso de libro

As Notas da Segunda e da Terceira

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *