#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

Destacados Primeira. Xornada 25

*Chantada-Burela: O cadro de Juan Rodríguez atopou un rival moi duro en medio dos festexos da Feira do Viño. Adiantouse o Burela moi pronto cun gol de Jairo. Co paso dos minutos, o Chantada madurou o encontro e empatou nesa mesma primeira metade. O cadro vermello mantivo o seu bo facer á volta dos vestiarios e certificou a remontada. Despois dese segundo tanto, non foi quen de pechar o encontro. Os mariñáns deixaron unha notable imaxe e dispuxeron de ocasións suficientes para empatar. Iso sí, os chantadinos tamén tiveron as súas para sentenciar.

*San Ciprián-Taboada: Superioridade dun Taboada que firmou dous grandes goles antes do descanso. O cadro de Lekumberri recurtou diferenzas nesa mesma primeira metade. Porén foi un espellismo. O conxunto de Martín Murado non temeu polo triunfo en momento algún. E mesmo dispuxo de ocasións para lograr un resultado máis abultado.

*Pol-Riotorto: Os de Labrada seguen en serios problemas. Un erro visitante propiciou o gol de Iván González nunha primeira metade moi igualada. Xusto á volta do descanso, máis do mesmo. Outro fallo do que sacaba tallada o ‘killer’ do Pol. A partires de aí, os de Abad tiveron ocasións para sentenciar. E o Riotorto xerou suficientes oportunidades para, cando menos, marcar o gol da honra.

*Atlético Escairón-Friol: Demasiado centrocampismo en noventa minutos pouco vistosos para o espectador. Os de Eskalza adiántaronse cun golazo pola escadra de Omar. O Friol mostrou argumentos de sobra na segunda metade para empatar. E así o fixo, a dous minutos do remate. Alberto Buján perdonou o 1-2 e o Atlético Escairón conseguiu o triunfo no tempo de desconto. Dende o punto de penalti.



*Páramo-Lemos: Man de ferro dun líder que xogou unha hora en inferioridade numérica. O marcador non se moveu nunha primeira metade na que o Lemos fabricou moitas chegadas sen sorte. E o Páramo non xerou perigo coa súa fórmula de repregamento e contragolpe. A superioridade visitante incrementouse tralo descanso. Gonzalo, cun lanzamento dende a frontal, deulle tres novos puntos ao equipo de Edu.

*Sporting Pontenova-Pastoricense: Sorrí o cadro de Andrés Bouza despois de impoñerse ao Pastoricense. Os de Fran Veiga adiántaronse no marcador e puideron marcar máis na primeira metade. A Pontenova igualou o duelo no primeiro tempo. E levouse o gato á auga na reanudación. Matelo asinou un hat-trick e encheu de confianza á parroquia da Mina. Raúl, na prolongación, maquillou levemente unha segunda parte para o olvido dos do Acebreiro.



*Outeiro de Rei-Chantada Atlético: Só houbo corenta e cinco minutos de fútbol no Municipal. O Chantada Atlético presentouse con só nove xogadores. Non foi o único problema que tivo. Durante o encontro lesionouse de gravidade Fran Regal. Así como dous xogadores máis en menor medida, o cal impediu continuar o choque despois do tempo de lecer. No relativo ao xogo, o Outeiro de Rei mandou. Iso sí, so viu porta dende os once metros. Jorge Pereira non fallou dende o punto de penalti. Aínda así, o resultado final: 3-0.

*Monterroso-Xove Lago: Encontro trabado e no que predominou o fútbol directo sobre o maltreito céspede de Cerdeiriños. O Monterroso evitou, ata baixo paus, o gol do Xove Lago na primeira metade. Na segunda, a lesión muscular dun activo Óscar Méndez supuxo unha importante baixa para os de Román. No entanto, non lle perderon a cara ao partido. E tiveron un balón ao pau, ao igual que o seu rival. A pelota non quixo entrar.

*Residencia-Santaballés: Os de Álvaro Meilán confirmaron a súa candidatura ao ascenso despois de superar ao Santaballés. A Residencia controlou o partido pero non foi quen de pechar os puntos ata o cuarto de hora final. Os chairegos sempre compiten ata o desenlace. O xuvenil Veloso, que tivo gran protagonismo, marcou o terceiro e definitivo tanto xa en tempo de desconto.

 

Destacados Primeira. Xornada 25

O partido en imaxes: Polvorín-Choco (1-1)

Destacados Primeira. Xornada 25

O partido en imaxes: Brollón-Palas (2-0)

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *