A Milagrosa repúxose da sorpresa negativa da semana anterior cunha vitoria contundente ante o todopoderoso líder. Deste xeito, o Alfoz achégase ao primeiro posto. Ademais o Celeiro sacou un empate ante o Fonsagrada e o Lugo Unión conseguiu o primeiro triunfo do curso. No sur, o Paradela afianzou o liderado aproveitando a suspensión do encontro entre os seus perseguidores. O Sober volveu ao camiño da vitoria e impediulle ao Antas achegarse aos postos de ascenso directo. O Río Sil e o Relámpago Taboada descansaron na pasada fin de semana.
No grupo norte, o Muimenta perdeu o segundo encontro da temporada logo de encaixar unha goleada no Luis Gorgoso ante a Milagrosa. O cadro capitalino foi superior dende os primeiros minutos. Aínda así, o Muimenta mantén o primeiro posto cunha diferenza de 3 puntos sobre un Alfoz que derrotou pola mínima a domicilio ao filial do Friol cun gol de Sousa. Legaspi destacou no conxunto alfocense e David e Roca no Friol B. Jacobo Rivas mantense como o gardamallas menos goleado do grupo.
O Fonsagrada non foi quen de sumar de tres ante un Celeiro guiado por Quintela cun gol de Ángel. Pedro foi o autor do gol do equipo fonsagradino. O Matela marcou distancias co sétimo posto ao vencer no Anexo da Madalena ao Celta Barrreiros. Nos primeiro minutos o cadro de Barreiros quedou xa cun menos e o Matela púxose cun 2-0 a favor con Trigo e Vidal como xogadores máis destacados. O cadro celeste recurtou distancias pero sen que significaran puntos. Polo menos supuxo un gran gol de Álvaro, o seu lanzamento de falta dende lonxe entrou pola escuadra da portería rival. Tamén aproveitou para marcar diferenzas o Catro Roldas que derrotou pola mínima ao Rioaveso no derbi vilalbés da categoría. Arrieiro adiantou aos seus cun bo gol e cumpriu no lateral. Pola zona baixa, o Lugo Unión conseguiu o primeiro triunfo da temporada ao vencer ao Cazás cun gol de Javier Aira.
❗ Suspendido o @SDCastroverde – @QuirogaFC na Terceira Rexional previsto para esta tarde. Un duelo chave polos postos de ascenso directo
Imaxe de onte da Veiga do Olmo vía @SDCastroverde pic.twitter.com/JBGyZly345
— Futbolinlugo (@futbolinlugo) February 3, 2019No grupo sur, o Paradela venceu con claridade ao Lemos B. Unha gran primeira parte colocou con vantaxe ao cadro adestrado por Rubén Bergantiños. O seu tocaio Rubén destacou no medio do campo ao igual ca Víctor que marcou un hat trick. O conxunto do Gandarón afianza o liderado a espera de que o vindeiro domingo o Castroverde e o Quiroga xoguen o partido aprazado na anterior xornada por mor do mal estado da Veiga do Olmo.
Non puido achegarse á segunda praza o Antas que perdeu ante o Sober. O cadro soberino volveu ao camiño da vitoria logo de catro xornadas sen gañar e regresou tamén a posicións de play-off. Non foi un gran encontro do Antas, aínda que Méndez marcou un bo gol. Empatado co Sober está o Rubián que leva cinco xornadas sen perder. Venceu ao Taboada B cun traballo coral liderado por Fran e Jano. David Potente, Fabricio e Alejandro Rodríguez destacaron no filial taboadense.