#Feminino #Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Terceira RFEF

As nosas redes falan

A semana vén con nomes propios. Un deles, o de Pablo Vivero, o anuncio da súa retirada despois da nova adiantada por El Progreso convertiu as redes sociais nunha das vías de comunicación para que a xente do fútbol lucense lle dedicase o seu recoñecemento. Ademais esta fin de semana, Michi Leal reencontrouse co seu pasado e Xaime estivo a piques de celebrar por todo o alto o seu cumpreanos.

Camiño da súa vixésima terceira temporada no mesmo club, Pablo Vivero retírase do fútbol por incompatibilidade co seu traballo. A lealdade ás cores do Racing Vilalbés convirten ao futbolista nado en Gontán (Abadín) nun referente a nivel provincial e tamén a nivel nacional. Compañeiros de equipo actuais, do pasado, rivais,…foron moitos os que nestes días tiveron palabras para Pablo. Unha desas dedicatorias especiais foi a de Roberto Trashorras co que coincidiu nos cadetes do Vilalbés e que empregou unha foto con Pablo feita por Futbolinlugo:

Outros dos xogadores que tivo palabras para Vivero foi Michi Leal. Non obstante, o mediocentro vilalbés tamén foi protagonista nas redes esta fin de semana xa que volveu 17 anos despois ao campo no que se estreou co Racing Vilalbés; ao Lourambal onde xoga o Porriño. Desta volta fíxoo co Silva do que é capitán, marcou un gol e o cadro coruñés sacou un punto fóra da casa.

A cousa vai de mediocentros e na xornada tamén foi protagonista Xaime. O centrocampista de Outeiro cumpriu anos e a piques estivo de celebralos do mellor xeito posible, marcando gol. O pau evitouno, aínda que a clase no lanzamento de falta é imperdible. O Viveiro empatou ante o Atlético Montañeros e continúa na boa liña das últimas semanas. Aproveitamos tamén para felicitar a un dos grandes do noso fútbol dende o equipo de Futbolinlugo.

 

Ver esta publicación en Instagram

 



Empate a unos, pero le faltó poco para llevarnos los 3 puntos!!!

Una publicación compartida de viveirocf (@viveirocf2015) el


E rematamos con cánticos que son uns dos aspectos lúdicos do fútbol, sempre que sexan positivos evidentemente. E máis aínda, cando veñen dende as propias protagonistas. O Burela xogou o seu primeiro partido da competición de fútbol – 8 na casa e resolveuno cunha clara vitoria ante o Olímpico. No vestiario as xogadoras expresaban do seguinte xeito a súa ledicia:

As nosas redes falan

Destacados Primeira. Xornada 7

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *