Un xoves máis, Futbolinlugo trae un resumo do que foi a xornada para as nosas guerreiras! O PM Friol-CD Lugo non xogou esta xornada, cousa que si fixo o seu filial, que empatou a un co Orzán “B”, gracias a un gol de Paula no último minuto.
Rivais deste PM Friol “B” son Chantada, Comercial e Carballedo. Os resultados foron dispares para elas, conseguindo unha importante victoria o Carballedo (3-2 ante a SD Torre), nun choque no que destacou Laura, con dous goles. A SD Chantada perdeu 4-3 ante o Sporting Burgo, no que as do Sangoñedo mereceron moito máis, e a Comercial non puido facer fronte á unha Unión Campestre chamada a ascender, perdendo por 1-5 nas Gándaras.
Na Primeira Galicia, a SCD Milagrosa volveu caer na casa, esta vez por 0-8 ante o Victoria FC “B”, polo que os resultados seguen a ser pouco satisfactorios para as de Frigsa. Por último, a SD Antas venceu na casa da SCD Pastoriza, gracias a un doblete de Nuria Louzao!!!