#Fútbol afeccionado

Palabra de… Víctor López ‘Vittin’: «Do banquiño…á grada»

Esa foi a miña decisión. “Afastarme” por un tempo dos banquiños. A motivación de dita decisión, ou mellor expresado, a razón á que lle botei a culpa para deixar de adestrar temporalmente foi por seguir a miña formación (cursar o nivel de adestrador nacional Uefa Pro). E digo botarlle a culpa posto que sendo o que máis me gusta e estando nun gran clube como a UD Pastoricense, soa raro que eu mesmo decidira facer un alto no camiño. Todos temos sempre necesidade de ter novos retos, novas motivacións, e isto último tamén foi un empuxón para decidirme. A necesidade de seguir creando un clima emocionalmente positivo e que volva encher de ilusión. Sair desas rutinas e buscar novas formas de afrontalo creo que pode ser unha solución. Preséntaseme pola cabeza agora que escribo estas palabras unha pequena similitude co xogador que pasa da titularidade á suplencia, pero nunha diferencia de selo pola súa propia decisión (que no caso dese xogador sería imposible de entender, ou polo menos un tanto inexplicable).

Despois de ter que deixar de poder xogar ó deporte que máis me gusta, neste caso o fútbol, é complicado sen poder practicar outro, de tapar o furado que pode deixar en ti a rutina de adestrar, de competir, de sentirse membro dun grupo, de esforzarse por gañar cada batalla, cada partido…. Todo isto pasa por algo, e non conformándome vin que quería seguir ligado a este fermoso deporte, e o único xeito era preparándome para pasar a ser adestrador.

Cando se pasa ó “outro lado” de forma obrigada permitídeme dicir, poucas cousas poden facer encherte de novo, e “matar o gusanillo”. Pois creo que a única vía e adestrando. E podo afirmar que a pesar de ter controversia nun primeiro momento en que así fora, estou convencido de que dentro do malo foi un gran momento posto que é apaixonante, ó mesmo tempo que difícil. Cando era xogador parecíame moito máis doado do que agora vexo e vivín en primeira persoa.

Seguindo co fío das primeiras liñas, a formación dicía que é imprescindible, en calquer posto de traballo, ou en calquer labor na que se require ser un líder dun grupo. A formación cada vez ten máis importancia neste e en calquer deporte e calquer outro ámbito, posto que a figura do adestrador cada vez ten máis importancia na estrutura dos Clubes. Persoalmente creo que é necesaria e merece a pena tanto a académica (cursos de formación) como extra-académica (charlas, coloquios, seminarios ou presencia en sesións de adestramento…). Cada vez hai máis nivel nos banquiños e máis esixencia debido a este feito, na forma de afrontar os adestramentos, partidos e as tempadas. O fútbol está cambiando cada día, estamos na época das novas tecnoloxías en todos os ámbitos e no deporte tamén. Hai que adaptarse ós novos métodos de traballo e aproveitarse ó máximo das ferramentas que fan que poidamos ser mellores adestradores, e na miña humilde opinión o que non se adapte ou intente adaptar a estes cambios vai quedar atrás, e as oportunidades hainas que afrontar o mellor preparados posible.



Pese a non estar inmerso nese día a día do adestrador, non deixo de seguir tendo paixón e inquedanza polo fútbol. A verdade é que un dos meus medos era non aguantar sen adestrar, pero polo de agora estouno levando como esperaba, e non sinto que me equivocara na decisión tomada. Sigo vendo partidos de fútbol (con algo máis de tranquilidade), presencialmente e televisado, sigo lendo libros e sigo intentando ter máis experiencia para o futuro, que esperemos que nos depare unha nova oportunidade. Seguramente que con máis ganas de adestrar de novo, un pouco máis preparado e sendo máis esixente conmigo mesmo e co grupo. Seguramente volva doutra maneira, con cambios, na forma de afrontar un novo proxecto, e na forma de traballar, pero seguramente con algo que para min é innegable, deixar todo o empeño e adicación por facer o mellor posible a miña labor.

 

Víctor López ‘Vittin’. Exadestrador do Pastoricense e fiel seguidor do noso fútbol



[themoneytizer id=»15360-16″]

Palabra de… Víctor López ‘Vittin’: «Do banquiño…á grada»

Xenxo (C.D. Foz): «Volver a Cantarrana será

Palabra de… Víctor López ‘Vittin’: «Do banquiño…á grada»

Galería de imaxes: SD Monterroso «B» 1-4

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *