O balón xa roda en todas as categorías do fútbol sénior lucense, despois da pasada fin de semana. Por esa razón, volve tamén unha das nosas sección habituais de cada temporada. Nela, tentamos recoller os mellores momentos de todas as actividades que se deron nas distintas redes sociais nas que Futbolinugo opera: twitter, Facebook e Instagram. Seleccionamos os mellores momentos dos últimos días, marcados pola publicación da Guía de «Fútbol en Lugo» que sacamos á luz conxuntamente con El Progreso.
- A publicación da guía o sábado permitiu que algúns dos equipos xa botasen man dela para coñecer ao rival antes de enfrontarse a el. Foi o caso do Cospeito, que xogou o seu primeiro partido na casa da temporada empatando 1-1 ante o Cervo. A saída da guía tamén fixo que o cadro da Fonte revivise a súa conta de Instagram.
Ver esta publicación en Instagram
- Do twitter rescatamos as reaccións ao noso cancelo de promoción da guía conxuntamente con El Progreso no que clubs, xogadores e afeccionados promocionaron e opinaron as súas reaccións sobre a publicación. #HaiFuturoNoFútbolDeLugo
- Outra das grandes novas da fin de semana estivo no comezo da Segunda División Galega feminina na que se produciu a estrea en competición oficial para tres equipos lucenses de nova creación. PM Friol Lugo B, SD Chantada e Carballedo FC comezaron a temporada con resultados distintos. O filial cunha vitoria contundente, o Chantada con empate a domicilio e o Carballedo con derrota na casa. Nesta xornada descansou a Comercial que iniciará a liga a vindeira semana ante o Carballedo.