Final agridoce para o fútbol feminino lucense

Cos encontros desta fin de semana, o fútbol feminino lucense puxo o punto final á tempada. Última xornada en Primeira e Segunda Futgal que rematan cun sabor agridoce. O Antas quedou ás portas do play-off de ascenso á 3ªRFEF, a Milagrosa clasificouse para a fase de promoción sen necesidade de xogar e o San Lázaro […]

A Milagrosa trae as boas novas dunha xornada con luces e sombras

O fútbol feminino provincial baixou o pano á competición regular cunha xornada chea de emoción, despedidas e balance desigual para os equipos lucenses. A Milagrosa deu un paso case definitivo cara ao play-off na Segunda Futgal, mentres que na Primeira e Terceira Futgal houbo luces e sombras entre os representantes da provincia. O Antas cae […]

A Milagrosa complícase o play-off tras caer co Corme

A Milagrosa deixou escapar unha oportunidade importante para asegurar a súa presenza no play-off ao perder por 3-1 diante do Corme, un rival directo na loita pola cuarta posición. As lucenses manteñen ese posto, pero agora cunha vantaxe moito máis curta sobre o cadro coruñés e cun partido máis disputado. O encontro estivo marcado pola […]

Chantada, capital do ascenso por partida dobre

O Chantada feminino celebrou no Sangoñedo un ascenso máis nesta tempada tras impoñerse por 2-0 ao Bandeira. Nun día especial, as xogadoras saíron ao campo acompañadas das súas nais, nun xesto emotivo antes do inicio. O conxunto visitante avisou primeiro nun lanzamento de falta que Deva resolveu con seguridade, pero pouco a pouco as locais […]

Gran tempada mais sen premio para o PM Friol

PM Friol 4-1 Bergantiños O conxunto lucense despediu a tempada cun triunfo sólido diante do Bergantiños nun encontro que foi de menos a máis. Tras unha primeira metade equilibrada, o Friol conseguiu abrir fenda no marcador na segunda parte, impulsado polo acerto de Paola, autora dun dobrete, e polos goles de Yole e Mery. O […]

O PM Friol xogarase entrar no play-off na última xornada

O PM Friol impón o seu oficio nun duelo directo ante o Victoria FC (2-4) Partido de máxima igualdade o vivido entre o PM Friol e o Victoria FC, condicionado tanto polo que había en xogo como polo resultado doutros encontros da xornada. Dende o inicio, o choque desenvolveuse de ti a ti, con posesión […]

A final da Copa Deputación agarda un Milagrosa-Antas

O Antas impúxose ao PM Friol B nun partido máis axustado do que indica o resultado A Reigosa abriu a xornada de semifinais copeiras en plena Semana Santa cun protagonista inesperado: o sol. O calor, máis propio doutras datas, baixou as revolucións dun partido que arrancou sen demasiada chispa e cun ritmo máis ben contido. […]

PM Friol B, primeiro ascendido da Terceira Futgal

O Antas non levanta o pé do acelerador e gaña na Pastoriza 1-3 impúxose o Antas na súa visita á Pastoriza aínda que o luminoso reflicte un resultado algo enganoso xa que, na segunda metade, o Antas sufriu moito e non foi ata o 90 cando sentenciou o encontro co tanto de Elisa, que xa […]

PM Friol e Antas non fallan ante os pechacancelas

O PM Friol vence a un Sárdoma que conseguiu anotar dous tantos En 18 xornadas de Tercera RFEF, o Sárdoma (pechacancelas) só conseguira anotar 5 goles e, malia que o PM Friol se puxera por diante cos tantos de Fati (m.7) e Keisy (m. 45); as locais conseguiron empatar o encontro nada máis saír dos […]

Irene lidera o reencontro da Milagrosa coa vitoria

Hat-trick de Irene e tres importantísimos puntos para a Milagrosa Tras encadear varios resultados complexos, as de Héctor expósito firmaron un gran partido, levando a teoría á práctica co mellor dos desempeños e vencer así a todo un Victoria CF C, rival que tamén está metido de cheo na loita polo ascenso. Cando Irene está […]

O Antas corta a súa boa xeira

O PM Friol cumpre con solvencia ante o Orzán Vitoria clara das friolesas ante un Orzán que en ningún momento tivo posibilidades de levarse o partido. As amarelas dominaron de inicio a fin o encontro co control da posesión e deixando sen apenas ocasións perigosas ás visitantes. Dous tantos de Fati déronlles a vitoria, que […]

A Milagrosa estréllase co líder, o Tordoia

O Antas segue de doce Nova xornada e nova vitoria dun Antas que continúa intratable. Esta fin de semana, tocoulle ao Orzán B, que coma ven sendo habitual nos rivais do Antas, saiu escaldado da súa visita ao Castro Seoane. Malia comezaro partido un tanto desconectadas, o Antas atopouse cun gol de Dana que serviu […]

Golpe sobre a mesa de Antas e Milagrosa

As friolesas non puideron co líder, As Celtas B Malia comezar o partido moi igualado e amosando un gran xogo, o PM Friol rematou por sucumbir na súa visita ao líder da Terceira RFEF, o filial de As Celtas, que remataría endosándolles un 4-0 moi inmerecido para un PM Friol que comezou mirándoas de ti […]

Goleada do Antas para colocarse 2º

A este Antas non hai quen o pare O partido no Castro Seoane comezaba cun Antas moi metido no partido, concentrado e presionando arriba; traballo que axiña deu os seus froitos co gol de Nuria no minuto 4. A liña defensiva do rival, o Carral, posicionábase moi adiantada, o que non desaproveitaron as celestes, que […]

O PM Friol cede ante un rival directo

Derrota do PM Friol ante o Lóstrego Mal partido das friolesas a na casa, ante un Lóstrego moi intenso, amosando que quere loitar con todo por estar na zona alta da táboa. Con todo, as visitantes non foron moi superiores no xogo ao PM Friol, pero si moito máis efectivas. Unha efectividade da que carecía […]

PM Friol, Antas, Milagrosa e Chantada seguen lanzados

O PM Friol suma tres puntos máis a domicilio Partido controlado de inicio a fin polas amarelas na visita a O Val. Malia xogar nun campo de caucho no que a circulación do balón se dificultaba por momentos, as friolesas firmaron un gran partido empurradas dende o inicio polo tempraneiro gol de Yoleidis (3′). Malia […]

O Antas remata coa imbatibilidade do líder

«Unha boa defensa é o mellor ataque» late motiv do Antas Sen dúbida, a nova da xornada non só no fútbol lucense, senón no fútbol feminino autonómico é a vitoria das ulloás ante un Rosalía líder de Primeira Futgal que chegaba ata esta 15ª xornada sen coñecer a derrota e con tan só dous empates […]

A SD Chantada, campioa de inverno de Terceira Futgal

O PM Friol non dá opción a un Tomiño metido atrás Gran partido das friolesas na casa ante un Tomiño que nada puido facer máis que agardar en bloque baixo e tentar saír á contra. Adiantáronse axiña as amarelas grazas a un gol de Diva no minuto 3. Malia ter numerosas ocasións e centros á […]

Xornada gris para o fútbol feminino lucense

O PM Friol cae nun duelo de altura ante o Victoria CF En plena loita pola primeira praza, o PM Friol non puido gañar a domicilio ante outro dos rivais máis duros da categoría, o Victoria CF. Malia que as friolesas comezaron facendo unha boa primeira parte, penalizounas a falta de efectividade para converter as […]