Fito Periale, novo fichaxe neste mercado do Lemos

Fito Periale (Lemos): «Quero ser o Fito que chegou a Galicia»

O Lemos continúa a confección do seu cadro de xogadores para a vindeira tempada na Preferente coa firma dun goleador dos pés á cabeza. Fito Periale chega a Monforte despois dunha tempada no Rácing Vilalbés onde tivo a súa primeira experiencia na Terceira RFEF despois de superar os vinte goles na 23/24 militando no Castro. […]

Lemos, Varela

Varela (Lemos): «A miña primeira idea é pasar a ser un socio máis»

O Lemos conseguiu unha permanencia que vale ouro tras conseguir unha vitoria valiosa no último encontro da Preferente ante o Galicia Mugardos por 2-1. Os goles de Sergio e Adrián Salgado serviron para que todo un histórico do fútbol lucense evitar tanto o descenso directo coma os arrastres, algo que aínda mantén expectante ao Val. […]

O Ribadeo descende á Primeira Futgal

Chega o último Trío de Ases O Cantón da temporada 2024/2025. A finalización da Terceira RFEF déixanos o empate entre Polvorín e Racing Vilalbés no derbi. Sarriana e Viveiro non puideron sumar nas súas visitas a Arteixo e UD Ourense, respectivamente. A Sarriana, terceira, e o Racing Vilalbés, cuarto, enfrontaranse nas semifinais do play off […]

O Viveiro continua en Terceira RFEF

O penúltimo Trío de Ases O Cantón desta temporada tráenos boas novas para o fútbol provincial. Na Terceira RFEF, o Viveiro acadou a ansiada permanencia logo de vencer en Cantarrana ao Betanzos. A Sarriana venceu á UD Ourense. O Racing Vilalbés non pasou do empate na Madalena fronte ao Barbadás, mentres que o Polvorín caeu […]

O Escairón descende e o Ribadeo queda contra as cordas

Moito en xogo nun Trío de Ases O Cantón que nos trae malas novas nunha xornada de derbis na Preferente. No Municipal do Saviñao, o Pol venceu a un Escairón que xa é matematicamente equipo de Primeira Futgal. No Pepe Barrera, Ribadeo e Lemos empataron sen goles nun partido bronco que deixa aos mariñáns contra […]

O Lemos e o Ribadeo, protagonistas do duelo da Preferente

A Preferente vivirá un derbi decisivo

A Preferente vivirá nesta xornada un dos encontros chave para o final de tempada dos equipos lucenses. O Ribadeo recibirá ao Lemos este domingo ás 18.00 horas no que o que se leve a vitoria terá moi preto a permanencia na vindeira tempada da Preferente Norte. Ambos equipos coñecen a situación límite na que chegan […]

Viveiro e Polvorín saen vitoriosos dos derbis de Terceira RFEF

Xornada de derbis nestre Trío de Ases O Cantón. Na Terceira RFEF o Viveiro venceu en Cantarrana ao Racing Vilalbés, mentres que o Polvorín goleou na Ribela á Sarriana. Na Preferente, o derbi entre Lemos e Pol rematou sen goles e case que sen ocasións. O Ribadeo empatou no Pepe Barrera diante do Lalín e […]

Só o Escairón acada a vitoria para os lucenses na xornada aprazada

Poñemos ao día o Trío de Ases O Cantón logo de disputarse no Xoves Santo os encontros aprazados polo temporal o último fin de semana do mes de xaneiro. Os resultados non foron amables co fútbol lucense. Na Terceira RFEF, o Racing Vilalbés caeu coa UD Ourense e os de Borja Fernández xa acariñan o […]

A Sarriana gaña o derbi e deixa ao Racing Vilalbés máis lonxe do líder

O Trío de Ases O Cantón desta xornada déixanos na Terceira RFEF a vitoria da Sarriana no derbi da Madalena fronte a un Racing Vilalbés que, tras o triunfo da UD Ourense, ve o liderado a unha distancia difícil de salvar. O Viveiro acadou unha importantísima vitoria na súa pelexa por saír dos postos de […]

O Escairón vence e agárrase ás súas opcións de permanencia

O Trío de Ases O Cantón déixanos outra mala xornada para os conxuntos lucenses. Na Terceira RFEF só o Racing Vilalbés foi quen de sumar un punto no difícil campo do Alondras. A Sarriana caeu na Ribela fronte ao Noia, o Polvorín cedeu no feudo do Silva e o Viveiro perdeu no desconto diante do […]

O Viveiro vence o derbi coa Sarriana e colle aire na clasificación

O Trío de Ases O Cantón déixanos, na Terceira RFEF, o valioso triunfo do Viveiro no derbi provincial disputado en Cantarrana fronte á Sarriana. O Racing Vilalbés tamén gañou e recurtou dous puntos a unha UD Ourense que non pasou do empate no Couto. O Polvorín non puido sumar na Cheda fronte ao Estradense. Na […]

O Ribadeo, único lucense que acada a vitoria, afástase do descenso directo

Chega un Trío de Ases O Cantón sen vitorias lucenses na Terceira RFEF. Só a Sarriana logrou puntuar no campo do Barbadás. O Racing Vilalbés perdeu na súa visita ao feudo do Estradense e o Polvorín fixo o propio fronte ao Gran Peña. O Viveiro tampouco puido sumar fronte a un Alondras enrachado. Na Preferente, […]

Viveiro e Ribadeo por fin gañan en 2025

Chega un novo Trío de Ases O Cantón e faino cun importante triunfo do Viveiro na Terceira RFEF. Os mariñáns superaron en Cantarrana ao Silva. Tamén salientable a vitoria do Polvorín na Cheda diante do Somozas que o consolida na zona media-alta da táboa. Os dous lucenses que están en postos de play off non […]

O Lemos afástase do perigo na Preferente

Chega un novo Trío de Ases O Cantón e faino cunha xornada que nos deixou unha de cal e outra de area na Terceira RFEF. O Racing Vilalbés suma e segue. Venceu ao Somozas a domicilio e segue a dous puntos do líder, a UD Ourense. A Sarriana empatou no campo do Silva, mentres que […]

Racing Vilalbés e Sarriana abren oco na zona alta de Terceira RFEF

O Trío de Ases Panadería O Cantón déixanos unha xornada moi positiva para os conxuntos lucenses de Terceira RFEF. O Racing Vilalbés segue na segunda praza tras vencer na Madalena ao Boiro. Só un posto máis abaixo está a Sarriana, que abre fenda na táboa logo de gañar nun gran encontro ao Estradense. O Polvorín, […]

Ribadeo e Pol igualan no derbi do Pepe Barrera

O Trío de Ases Panadería O Cantón déixanos unha Terceira RFEF sen derrotas lucenses. A Sarriana venceu no campo do Gran Peña, mentres que o Racing Vilalbés empatou no campo do Vilalonga. Polvorín e Viveiro tamén acadaron sendos empates a domicilio. Os albivermellos fronte ao Valladares e os celestes no feudo do Somozas. Na Preferente […]

Pol e Lemos camiñan con paso firme na Preferente

O Trío de Ases Panadería O Cantón desta xornada achégannos os triunfos contundentes de Racing Vilalbés e Sarriana na Terceira RFEF. Os chairegos golearon na Madalena ao Valladares e os sarriaos fixeron o propio co Somozas. O Polvorín caeu na Cheda co Arousa e o Viveiro en Cantarrana co Boiro. Na Preferente suma e segue […]

Sarriana e Lemos, únicos triunfos lucenses en Terceira RFEF e Preferente

Chega un novo Tres en Raia O Cantón e faino con só dous triunfos lucenses. Na Terceira RFEF, a Sarriana foi quen de vencer no campo do Boiro, mentres que o Racing Vilalbés acadou un valioso punto no feudo do Arousa. O Polvorín cedeu na súa visita ao Arteixo e o Viveiro fixo o propio […]

Xornada de estreas e despedidas nos banquiños co Racing Vilalbés colíder de Terceira RFEF

O Trío de Ases O Cantón desta xornada tráenos moitas novas nos banquiños de Terceira RFEF. Dous adestradores, Fabri e Guillermo Oriol presentaron a súa dimisión e deixaron os banquiños de Viveiro e Sarriana, respectivamente. Os mariñáns caeron en Cantarrana co Valladares e, logo de dez encontros, o veterán técnico lucense decidiu poñer punto e […]