Un dos banquiños máis míticos da provincia ten novo inquilino. Referímonos ao da Ponte. Merino, exxogador de Santa Comba e Guntín, colga as botas e faise cargo do San Lázaro. Onde non cambian é en Riotorto. Labrada manterase á fronte do cadro da Veiga. Contará cunha gran parte dos futbolistas da pasada campaña. Marcos, Diego López, Gabri, Pablo Ruiz, Jesús Pablo, Peque, Neira, David Silva, Iago Dorado, Christian, Jorge, Play, Kevin, Brais e o ‘Káiser’ Lourido seguirán dando leccións futbolísticas no verde da Veiga. Non o farán Iván Seco e Jairo (xa comentamos anteriormente que marchaba ao Muimenta). Son as dúas baixas confirmadas ata o de agora. No capítulo de altas, recalan en Riotorto Alberte (Milagrosa) e o xoven e David Núñez (Comercial). Dúas incorporacións interesantes para reforzar a dianteira e a medular, respectivamente

Pablo Rivas, novo defensa do Ribadeo

Na Mariña, voltamos unha xornada máis a Cantarrana. Semana intensa a que levan alí. Álex Meitín vestirá outra campaña máis a camisola do Viveiro. Elástica ca que debutará o asturián Pelayo, mediocentro procedente do San Claudio ovetense (Preferente asturiana). Ademais, o talentoso Pablo Costa abandona Xove para reforzar ao San Ciprián. Na veciña Burela, teñen novo xogador: Javi Celes, procedente do Valadouro. Por último, o Ribadeo segue apuntalando o seu plantel. O central Pablo Rivas, con numerosa experiencia na costa lucense, chega dende o Betanzos. O cadro do Pepe Barrera está conformando un plantel máis que interesante.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*