Este domingo ás 17:30 horas, a Pinguela acollerá, na xornada 31 de liga, unha auténtica final polo ascenso na Primeira Autonómica. Dous equipos, Lemos e Foz, que ven como o tren do ascenso pasa por gañar este encontro, aínda que ámbolos conxuntos están separados por seis puntos na táboa clasificatoria.

Os monfortinos non teñen outra opción que logralo triunfo. Unha derrota daríalle automáticamente o ascenso aos mariñaos e tamén á Sarriana, líder a día de hoxe. No caso de empatar, malia seguir con vida, os lemistas practicamente dirían adeus ás súas opcións de dar o salto de categoría. Pero en troques, unha victoria dos de Edu Rodríguez deixaríaos a tres puntos do ascenso directo, e dependendo do resultado, pode que co golaverage a favor (no Martínez Otero venceu o Foz 2-1), polo que quedarían a un traspé do rival para asaltalos postos de ascenso nas tres xornadas restantes.

Equipo titular do Lemos na Pinguela ante o Ferreira

Adrián Armesto, dianteiro do Lemos non ten dúbidas da trascendencia do encontro. «É unha final. Non perdemos aínda no noso campo, pero dada a situación dos dous equipos pode pasar calquera cousa, polo que afrontamos o encontro cunha gran motivación para sacalos tres puntos e seguir na loita ata o final«. Tras once xornadas sen coñecela derrota e seis consecutivas gañando, o Club Lemos atravesa o mellor momento da temporada. Para Armesto «é debido ao gran traballo diario que vimos facendo desde o comezo de temporada, pero tamén que chegamos a un punto que nos compenetramos á perfección e temos asismilada ao cen por cen a idea de xogo do noso adestrador. Ao longo da temporada perdemos puntos por falta de concentración nos tramos finais dos partidos, e outros por decisións arbitrais, aínda que non me gusta falar diso«. Do rival que se atoparán este domingo, Adrián Armesto afirma que «son un equipo moi correoso e coas ideas moi claras, que afronta os encontros cunha gran intensidade. O seu forte é a liña de ataque, polo que non debemos cometer erros e tentaremos aproveitalos seus defectos para poder acadalo resultado que desexamos«.

O C.D. Foz é consciente de que os tres puntos ante o seu gran rival outorgaríalle o ascenso este mesmo domingo, polo que o propio Concello focense fletará un autobús para que a afección do cadro mariñán se poda desprazar á Pinguela. Non será nen moito menos doado para os de Gayol, xa que, no feudo lemista ninguén acadou os tres puntos esta campaña. A traxectoria da escadra focense é practicamente inmaculada, só unha derrota nos últimos vinte encontros. Malia iso, unha derrota deixaríao co Lemos a tiro dun encontro.

Dani Chao é un dos puntais do C.D. Foz nesta temporada. Para o focense «este é un encontro que todo o mundo ten ganas de xogar e que pode deixar sentenciado o ascenso ao noso favor. Afrontámolo con moitas ganas e ilusión«. A derrota non preocupa en exceso aos xogadores de Jesús Gayol. «Sabemos que dependemos de nós mesmos para logralo obxectivo. Non cabe dúbida que sairemos a gañar, pero facendo o noso partido, sen obsesionarnos«, afirma Dani Chao, que sabe do potencial do Lemos. «Son un equipo con grandes individualidades, moita velocidade arriba e bo trato de balón. Teremos que xogar as nosas bazas para acadalo mellor resultado posible«.

Dani Chao, no encontro ante a Sarriana

 

ESTE FIN DE SEMANA TAMÉN PODES VER . . .

Preferente Norte

S.D. Outeiro de Rei – Boimorto C.F. (Sábado ás 18 horas no Municipal): malia que a permanencia é unha utopía, os de Xoan Peón levan dous triunfos consecutivos e seguen a gañarse o respecto da categoría. Tentarán darlle continuidade ao seu bo momento ante un Boimorto que non está salvado.

O Outeiro de Rei está atopándose nun gran momento neste final de liga

Polvorín S.D. – Ordes S.D. (Domingo ás 12 horas no Ceao): logo da derrota en Castro, o filial lucense non pode permitirse outro traspé pra non ver perigar o posto de ascenso. O seu rival, tras catro derrotas consecutivas, compricouse a súa situación clasificatoria.

S.D. Residencia – C.D. Castro (Sábado ás 10 horas na Cheda):  Derbi lucense de extremos. A mala racha dos de Meilán sitúaos en zona de descenso. Buscarán saír dela cunha victoria ante un Castro que chega con opcións de meterse na promoción de ascenso.

Viveiro C.F. – S.D. Sofán (Domingo ás 17:30 horas en Cantarrana): outro encontro clave para os de Chusky. A derrota en Dumbría deixa o cadro viveirense sen marxe de erro na casa para fuxir do descenso. Os de Carballo chegan cos deberes feitos.

Álex Meitín será baixa no importante encontro que disputa o Viveiro

Ribadeo F.C. – C.F. Dumbría (Domingo ás 12 horas no Pepe Barrera): a derrota en Arzúa castigou aos mariñaos. Buscarán resarcirse ante un rival da zona baixa, para seguir optando á terceira praza.

Primeira Autonómica

S.D. Sarriana – U.D. Xove Lago (Domingo ás 18 horas na Ribela): os de Julio Corral, cun ollo posto na Pinguela, buscarán tres puntos ante o Xove, que poden valer un ascenso.

Juanjo Coello aínda opta ao pichichi de Primeira

C.D. San Ciprián – S.D.C. San Roque (Domingo ás 17 horas na Veiga): encontro entre implicados nos posibles arrastres. Os tres puntos deixarían a calquera dos dous cun pé en Primeira na vindeira temporada.

Segunda Autonómica – Norte (última xornada)

S.D. Burela – S.D. Ourol (Domingo ás 17 horas na Marosa): o líder ten todo ao seu favor pra acadalo ascenso. Un triunfo ante o colista coloca ao cadro burelao en Primeira Autonómica.

S.D. Pol – Iberia C.F. (Domingo ás 17 horas no Manuel Luna): o segundo clasificado recibe ao sempre complicado Iberia. A victoria dos de Roberto Rielo tamén lles outorga o ascenso, mentras que non facelo suporía agardar novas de Boa Vista.

U.D. Folgueiro – Meira C.F. (Domingo ás 17 horas en Boa Vista): os do Vicedo, empatados a puntos co Pol, non dependen de si mesmos.Necesitan gañar e agardar un pinchazo de un dos dos primeiros.

Segunda Autonómica – Sur (última xornada)

Chantada Atlético – Castroverde (Domingo ás 17 horas no Sangoñedo): os chantandinos ocupan posto de ascenso e pretende acompañar o Friol camiño da Primeira. Unha victoria aseguraríallelo. Non facelo daríalle opcións ao San Lázaro.

S.D.C. San Lázaro – S.D. Oural (Domingo ás 17 horas na Ponte): os lucenses agardan un pinchazo do Chantada Atlético. Teñen o golaverage a favor, polo incluso o empate cunha derrota dos chantadinos podería ser suficiente.

Terceira Autonómica

Muimenta S.D. – C.D. Guntín (Domingo ás 17 horas no Pichón): encontro de ida da promoción de ascenso a Segunda. Os chairegos tentarán sacar un bo resultado para afrontalo decisivo encontro de volta no difícil campo de Ladairo

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*