Cantas veces teño escoitado esa frase de que “só é fútbol»… E cantas veces me teño rido diso, porque todos os que amamos este deporte sabemos o que significa e o que nos da. Tras anos disfrutando del, gardo moitos recordos, grandes experiencias e tamén momentos duros.

Dende que era un neno non me separaba do balón e según pasaba o tempo, iso seguía igual. Fose unha pelota de fútbol sala, do cal disfrutei ata infantís; como a de fútbol 11, da que sigo disfrutando nestes momentos. Creo que a xente que non nos entende é por esta sinxela razón: non sabe todo o que nos da o fútbol

Do cal o que máis destacaría sería ver aos teus amigos e familiares alegrarse e sufrir contigo en cada momento. Porque non ten prezo… Grazas ao fútbol puiden facer amigos e ver lugares que ao mellor sen el non faría ou vería respectivamente. Por iso é que o fútbol é máis que un deporte, é sentimento e corazón.

Na miña curta experiencia, podo contar que xoguei contra Deportivo, Celta, Sporting… Na División de Honra xuvenil co Club Deportivo Lugo, o cal xamais contei chegar a conseguir. O que máis orgullo me fai sentir é que sigo contando con compañeiros desas etapas. E conto con eles como amigos, un gran tesouro!

As bágoas tiradas por lesión, por derrotas, por non alcanzar un obxectivo, son compensadas co ánimo e preocupación que che dan eses amigos de campo. Por todo isto amo o fútbol e porque cando o estou practicando, non sinto ningunha outra preocupación máis que disfrutar do balón e dos meus compañeiros.

Santi Vázquez. Xogador do Friol, fútbol entre os pés e as veas

Comparte
                                       

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*