Os onces da 9ª xornada da Segunda Rexional veñen protagonizados polos tres puntos que o Cabreiros conseguiu no derbi xermadino ante o Roupar. Foi o único dos primeiros catro clasificados que gañou. Ademais os autores de tres goles desatáronse na pasada fin de semana: Matelo, Paulo, Rafa ou Debasa viron porta en tres ocasións.

O Sanci segue líder e continúa invicto. Aínda que só puido sacar un punto da súa visita ás Valgas de Reinante. O cadro local suma un punto máis e aumenta provisionalmente a súa marxe con respecto ao descenso directo. Segue sen perder o Alfoz. Por segunda xornada seguida mantense na segunda praza. Empate no Municipal ante o Guitiriz. Pablo Souto continúa co seu bo momento goleador. Dobrete para sumar cinco goles no que vai de curso. Adiantou aos seus no partido. O cadro guitiricense remontou momentaneamente antes do tempo de lecer. Na segunda parte Pablo marcou de novo para igualar. O Alfoz saíu con camisolas de ánimo para Ayoub. O dianteiro fracturou o peroné. Ten como mínimo para tres meses de recuperación. Na terceira posición permanece o Xermade que empatou na casa ante o Celta Barreiros. Os pupilos preparados por Rebolo puxéronse por diante antes do descanso. Xusto antes de que o celeste Hugo tivera que marchar do terreo de xogo por lesión. Borja marcou un dos goles da xornada. Levando a tres defensas e ao porteiro. Ferro igualou o resultado no segundo tempo a saída dun saque dende o recanto. O cadro de San Cosme quedou cun menos nos últimos minutos pola expulsión de Máquina. O punto e o esforzo do Celta foron adicados para Xian. O dianteiro non puido estar no encontro por motivos persoais e os seus compañeiros envíanlle todos os ánimos do mundo.

Os empates dos tres primeiros clasificados permitiron a equipos como o Cabreiros, o Meira ou o Pontenova achegarse máis aos postos de ascenso. O Cabreiros levou a vitoria no derbi ante o Roupar na recta final do choque. O equipo verde ía gañando 3-1. O cadro visitante logrou a remontada. Meizoso marcou dous goles. O conxunto adestrado por Borja Bouza continúa como pechacancelas. O Meira sumou o seu terceiro triunfo seguido. A costa dun Mondoñedo que deu a cara ao grande na Lomba. Estivo penalizado pola falta de gol (a pesar do dobrete de Javi Celes) e pola efectividade dos locais. Tamén foi a terceira vitoria consecutiva para o Pontenova. Gañou con contundencia ante o Abadín. Tres dos seis goles da autoría de Matelo. E puideron ser máis se non fora polo porteiro Cristian. Outro dos que leva nove puntos conseguidos de xeito consecutivo é o Cospeito. Hai tres xornadas estaban empatados coa zona de descenso. Agora xa son oitavos. Goleada ante unha Candelaria que continúa escasa de gol. Chegou a marcar e poñerse 3-1 no marcador da Fonte. Pero a resposta dos locais foi case inmediata. Un hat-trick de Paulo pechou o partido.

O Ferreira continúa no máis alto do grupo sur. Iso si, compartindo protagonismo co San Lázaro. O conxunto de Pantón venceu a domicilio ao Brollón. Hat-trick de Rafa. Suma 9 no global da tempada. Na segunda posición non perde o ritmo o San Lázaro. Venceu no Sangoñedo ao filial do Chantada con dobrete de Borja Candal. Na terceira posición colócase o Paradela. O cadro de Rubén Bergantiños soubo repoñerse ben da primeira derrota do curso. Derrotou a domicilio ao Bóveda con novo protagonismo goleador para Debasa. O dianteiro marcou tres goles. Non permite que ninguén se lle acerque na táboa individual. Leva 12 goles.

Na cuarto posto está o Palas despois do seu empate a un gol ante o Oural. Os dous equipos manteñen a súa boa liña de resultados. O equipo dos Chacotes suma seis xornadas sen perder, polas catro que acumulan os xogadores adestrados por Negrete. Nese tren de perseguidores mantense o Incio. Terceiro empate seguido. Desta volta ante o Santa Comba. O conxunto amarelo bateu co pau e co longueiro. O terreo de xogo brando e enlamado complicou o xogo no último tramo do encontro. Engánchase a esa zona o Portomarín. Reencontrouse coa vitoria. Remontou ante un Páramo que sumou a terceira derrota seguida. É certo que a vitoria chegou nos últimos intres. Nun bo momento está o Río Sil. Tres triunfos consecutivos. O último ante un Corgo en cadro. Presentouse con once xogadores na Carqueixa. Aínda así, o gardamallas Sebas evitou que a goleada fose maior. Tamén pasa por un bo tempo de resultados o Becerreá. Terceira xornada sen perder, aínda que os rumores como local volveron saír ante o Quiroga. Os locais comezaron ben, pero tiveron problemas durante o encontro. Levárono grazas a dous goles de penalti. O cadro verde foi de menos a máis.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Redacción Futbolinlugo

Redacción Futbolinlugo

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*