Hai uns días, deixábanos un dos verdadeiros grandes do noso fútbol, Germán Novoa, enfermo de ELA dende había un tempo, unha dura enfermidade que o mantiña alonxado dos terreos de xogo. Non obstante, os seus compañeiros e amigos sempre o tiñan e terán en mente.Futbolinlugo falou con algún dos grandes amigos de Germán no ámbito futbolístico para pedir algunhas palabras que reflectisen todo o que el supoñía para eles. A nosa redacción tamén quere dar o noso máis sentido pésame a toda a familia, entorno e amigos.

Entre outros, Germán xogou no Incio, clube que por medio de Asier Maceda, membro da súa directiva, adicou estas palabras en honor ao defunto. As súas palabras falan por si soas:

«Germán xogou un par de tempadas nos anos 2000 no Incio, lugar a onde por aquel entonces estivo vinculado persoal e profesionalmente. Tanto dentro como fóra do campo era un COMPAÑEIRO con maiúsculas. Un gran profesional e amigo que amaba este deporte.»

Precisamente o actual adestrador do Incio, Jessi, que coincidiu con Germán nas filas do Arenas de Monforte, tamén quixo dedicarlle este breve texto:

«Eu coñecín a Germán por medio do fútbol, deporte que o apaixoaba. Era un rapaz que tanto no fútbol como na vida era un loitador nato. El sempre dicía que o mellor do fútbol viña despois dos partidos e adestramentos, o que el chamaba terceiro tempo, que era reunirse cos seus compañeiros, tomar algo e botar unas risas. Eu definiría a Germán como unha gran persoa, un gran amigo e por suposto un gran loitador, como deixou máis que demostrado. A él tamén o apaixoaba a súa profesión e era un gran profesional no seu traballo. Así é como eu vou recordar ao meu amigo Germán.»

Tamén o Ferreira quixo contribuir connosco nesta breve homenaxe. Aínda que nunca xogou no conxunto, estivo moi ligado a el nos últimos anos:

«Desde o Ferreira estamos moi tristes polo pasamento de Germán, unha persoa que aínda que nunca vestiu a camisola do Ferreira, nos últimos anos estivo moi ligado ao clube, tanto a nivel de asistencia a adestramentos como a partidos. Queremos destacar del a boa persoa que era e a súa simpatía. Un exemplo a seguir pola súa loita e como plantou cara á enfermidade. Forza Germán e Forza Ferreira!!!

Por último, falamos co Sarria FV, equipo que rendeu un amplo tributo a Germán da man do seu compañeiro e amigo Vizcaíno. Estas son as súas palabras:Sen dúbida, Germán era unha persoa excepcional da que todo o mundo garda e gardará un gran recordo, un gran profesional e xogador. Queremos agradecer de corazón aos nosos colaboradores á hora de facer esta  pequena homenaxe que non é nada comparado co que Germán merece.

 

Comparte
      

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*