#Feminino #Fútbol afeccionado

Juan Carlos Quiroga é o novo adestrador da Milagrosa feminina

A Milagrosa xa atopou adestrador para dirixir o seu conxunto feminino despois da baixa do francés Vivian Dors. Juan Carlos Quiroga será o encargado de dirixir o único equipo feminino sénior que hai na cidade de Lugo. Quiroga xa era o encargado de adestrar o equipo xuvenil e faise agora cargo, ademáis do primeiro equipo, tamén do infantil feminino. Na súa presentación destacou que obxectivo co cadro sénior «é asentar ó equipo, seguir medrando a todos os niveis, incorporar ás novas xogadoras que proceden do Infantil para que se vaian adaptando as novas esixencias que ten a primeira división galega feminina, e sobre todo, adaptarse ás esixencias da categoría e dos equipos da mesma».

Na xornada de onte a Milagrosa perdía ante un dos grandes equipos da categoría, o Victoria por 0-3. O conxunto lucense encaixou todos os goles no primeiro tempo e tan só aguantou os primeiros 22 minutos. Con este resultado o equipo é noveno clasificado con 28 puntos.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *