O Chantada Atlético decidiu trocar o inquilino do seu banco de cara o que resta de temporada. Jon Vázquez foi destituído despois de perder na pasada xornada por 1-3 ante o Santaballés. Dende o club admiten que a aposta por Jon non saíu como esperaban e que queren darlle un novo rumbo ó equipo co obxectivo de reactivar ó cadro chantadino.

O ata o de agora xogador Fran Regal farase cargo do equipo. Regal atopábase nestes momentos lesionado e a dirección do equipo decide apostar por el por «tratarse dun home da casa e que coñece a todos os xogadores». Regal debutará na vindeira xornada nunha cita de altura, no derbi da Medela fronte ó Taboada.

Once do Chantada Atlético na última vitoria do equipo na casa, ante o Burela

O Chantada Atlético é 14º clasificado con 26 puntos. O equipo leva unha xeira de tres derrotas seguidas despois de perder contra o Santaballés, Valadouro e Monterroso, tres conxuntos situados na zona alta da Primeira Galicia. Con Jon Vázquez no banco o cadro chantadino conseguiu sete vitorias e cinco empates en 25 xornadas. Nestes intres mantén unha vantaxe de nove puntos con respecto ao descenso, que marca outro dos equipos do concello, o Chantada B.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*