Xa sabedes que nesta casa non entendemos de domingos nin festivos. Hoxe coñecemos os equipos de Preferente e Primeira que formalizaron a súa inscrición oficial en ámbalas dúas categorías. Tamén os equipos que xogarán en Ligas galegas na base e a Primeira galega feminina. Recordamos que a data límite para apuntarse en todas estas competicións era onte, 31 de decembro.

Na Preferente, todos os conxuntos da provincia da Coruña así como da de Lugo dixeron si. Un total de vinte e tres equipos entre os que están o Santaballés, Sarriana, Foz, Atlético Escairón, Lemos, Ribadeo e Residencia.

Por outra banda, na Primeira só se inscribiron oito equipos: Burela, Xove Lago, Pol, Chantada, Chantada Atlético, San Lázaro, Guntín e Castro.

Na Primeira feminina súmase o Lugo aos nosos representantes na anterior campaña: PM Friol B e Antas.

Volve o derbi entre Lemos e Atlético Escairón. Mariluz Fagín

No relativo ás competicións autonómicas de base seguirán o 99% dos conxuntos galegos. Estes serán os nosos representantes.

Galega xuvenil norte: Residencia, Viveiro, Racing Villalbés B e Polvorín.

Galega xuvenil sur: Calasancio.

División Honra cadete: CD Lugo.

Galega cadete norte: Milagrosa, Racing Villalbés, Ribadeo, Viveiro e Lugo B.

Galega cadete sur: Calasancio.

Galega infantil norte: Viveiro, Lugo e Residencia.

Comparte
                     

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*