O Lemos traballa sen descanso para configurar un plantel de garantías. Á terna de xogadores xa comentados, hai que engadir dous máis: Leo e Adrián Castañer, que chega dende o Brollón. Outro Leo fai o camiño á inversa. O mediocentro deixa o Lemos para recalar no veciño Atlético Escairón. Mesmo destino para o lateral Manu Carreira, tamén procedente do cadro da Pinguela.

Orlando Maseda

E para que uns entren teñen que saír outros. Do Saviñao despediuse Rubén Díaz, que se incorpora á Sarriana. O cadro de Julio Corral está a formar un conxunto de garantías, candidato a todo. Como ben se demostra coa súa última fichaxe: o lateral Sito, que regresa á Ribela.

Ademais, o Celeiro incorporou a Orlando Maseda, extremo zurdo formado nas categorías inferiores do Viveiro; mentres que o San Lázaro aposta por Joel, exxogador da Comercial. No capítulo de fútbol base onte coñecemos ao novo adestrador do xuvenil B do Chantada. Será Manu Rodríguez. No entanto, a gran sorpresa da xornada vén dende A Cheda. Rubén Candal deixa a Residencia despois de non aceptar a oferta de renovación. A fin dun gran ciclo cheo de éxitos.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*