O mes de xuño está a piques de rematar case que coa mesma incerteza coa que comezou. Sobre todo, no tocante ao posible retorno das competicións provinciais de cara o curso que vén. Non obstante, as novas do mercado seguen sendo protagonistas. Unha lucense continuará xogando ao fútbol por todo o noroeste de España. A guitiricense María Calvo “Peke” renova polo Dépor B da Primeira Nacional. A xogadora xa chegou a debutar na Primeira Iberdrola. Actualmente está recuperándose dunha lesión.

O 1 de decembro María Calvo debutou na máxima categoría do fútbol feminino español. Peque entrou por Peke

Nun dos equipos onde se preve que tarden algo máis as noticias vai ser no Ribadeo. Este venres rematou o prazo de presentación de candidaturas a presidencia do club sen ningunha proposta. Na Asemblea Extraordinaria deste domingo terase que convocar unha nova data para as eleccións. Na Primeira Rexional o Guntín reforza a súa portería. Chega Dani Pérez procedente da Residencia. Ademais no cadro do Ladairo continúan os xemelgos Ivi e Óscar López. Cumprirán a súa terceira temporada no conxunto laranxa ao igual ca Diego Fernández. O defensa tamén renova polo equipo do seu pobo.

Ivi López continúa nun Guntín que xogará na Primeira por 2ª tempada seguida

Pola súa banda, continúa a chegada de máis futbolistas á SD Pol adestrada por Alberto López. O dianteiro Dani Roca é outra das incorporacións para o ataque. Xogou a última tempada no Riotorto e anteriormente foi un dos futbolistas clave no equipo da súa vila, o Friol.  O Chantada continúa anunciando renovacións nos seus equipos. Joserra e Tapitas seguirán formando parte da estrutura chantadina. Ademais no cadro feminino xa é pública a continuidade da defensa Andrea.

Na Segunda Rexional queda libre un banco. Brais Vázquez non segue como adestrador do Páramo. O ténico monterrosino chegara o pasado verán ao cadro das Rapadas. Pola súa banda, Antonio Gesto deixa o Abadín para incorporarse ao equipo de veteráns da SD Pol. Un dos homes de club da provincia pecha un ciclo de 18 tempadas no conxunto do seu concello. Na Terceira Rexional o Carballedo tamén continúa renovando ao seu cadro de xogadores. Brais Couso tamén estará as ordes de Rodrigo Amarante.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*