Bruno Gómez e Juan Rodríguez ofreceron un dos relatorios máis dinámicos das I Xornadas Futbolinlugo Burela Bonita. Os técnicos do Xove Lago e o Monterroso compartiron escenario para a presentación dunha charla moi traballada e meditada. A dupla técnica titulou a súa ponencia como: «Optimización de recursos no fútbol afeccionado».
«Nunca debemos perder a perspectiva para dar o mellor cada día»
En pouco máis de vinte minutos ofreceron o seu punto de vista sobre este deporte. E destrozaron todo tipo de excusas. Mostraron argumentos realistas e prácticos para facer un traballo do máis sofisticado e profesionalizado no sempre complicado mundo do deporte afeccionado.
«A ilusión de empezar cun proxecto novo non se pode diluir xamais»
![]()
As conferencias desenvolvéronse o 14 de novembro no Salón de Conferencias no Concello de Burela. A asistencia estivo moi limitada por mor das restricións sanitarias da Covid 19. Non obstante, o evento puido seguirse en directo vía streaming. Ademais as ponencias quedaron gravadas e poderán ser visualizadas na canle de Youtube de Futbolinlugo. Nos vindeiros días seguiremos incorporando ao resto das charlas.
Trátase dun Congreso feito en colaboración co Concello de Burela. Pretendemos manter o espírito do fútbol nunha época complicada. Así como reivindicar o talento dos adestrador@s lucenses e galegos. A nosa idea é a de seguir medrando e poder continuar facendo comunidade a prol do noso fútbol.
Esta aposta, súmase a outros eventos e accións promovidas por Futbolinlugo máis aló da nosa web. A primeira iniciativa foi a publicación da Guía ‘Fútbol en Lugo’ en colaboración con El Progreso. Publicouse en dúas ocasións. Nesta tempada non se realizou xa que o inicio das competicións foi suspendido. O segundo evento ao grande desta comunidade foi o I All Star Futbolinlugo. Fíxose ao final da temporada 2019/2020. A gran festa do fútbol lucense tampouco puido levarse a cabo neste ano. Pero tentaremos consolidar o proxecto en futuras edicións. A nosa entidade tamén organiza o ‘Ránking Futbolinlugo’, unha competición de pádel en colaboración con Lucus Pádel. Esta cita segue en marcha nestes tempos pandémicos. A segunda edición xa está dando que falar.