Benvidos unha semana máis á nosa sección semanal de análise do fútbol feminino, centrándonos nestas últimas edicións na labor do PM Friol, único clube lucense que está a competir polo momento.
O PM Friol chegaba o pasado domingo á Reigosa tras a súa primeira victoria da temporada ante o CD Parquesol. Con eses tres puntos, as lucenses chegaban cargadas de forza e ilusión para conseguir vencer ao Madrid CF «B«, unha das mellores canteiras do fútbol feminino nacional.
Pese a entidade do rival, as locais buscaron a victoria desde o minuto 1. Porén, ao pouco de comezar o choque, no minuto 10, a fortuna quixo que Fanny anotase un gol en propia meta, o que puxo por diante as merengues. A partires de ese momento, o PM Friol dominou de cabo a rabo o xogo, pero non conseguía crear ocasións claras de gol.


Chegou o descanso, e con el o inicio da segunda metade. As rapazas de Abraham Rodríguez continuaban o asedio ao campo rival, pero o gol non daba chegado. Así foi ata o minuto 83, cando a guatemalteca María Monterroso asinou o empate. Nos escasos dez minutos restantes, o clube friolenta a piques estivo de levarse os tres puntos, pero o balón non quixo entrar. Ao término dos noventa minutos, 1-1.
Así, as lucenses xogaron o seu último partido como locais neste ano 2020, agardamos que o 2021 resulte igual -ou mellor- no aspecto deportivo!
