Hoxe diriximos a mirada a Cerdeiriños, onde están a pasar unha temporada complicada. O filial do Monterroso ocupa o último posto no grupo Sur da Segunda Galicia. E quizais, o máis sorprendente, é a clasificación do primeiro equipo. Pelexando por manterse un ano máis na Primeira, cando nas últimas campañas estivo a piques de ascender a Preferente. Dende o clube da Ulloa móstranse tranquilos, consciente de que é unha situación con solución. E que só fai falla tempo. Así o ve o coordinador deportivo, Adrián Vázquez.

FUTBOLINLUGO: Como definirías a situación actual do primeiro equipo?

ADRIÁN VÁZQUEZ: O primeiro equipo vive unha situación un pouco inestable. Estamos nunha zona que nos preocupa. Roberto Rielo decidiu deixar paso a alguén novo para que exista un pequeno cambio. El coma nós viamos o grupo algo bloqueado. Non é que o equipo non queira e que non da agora mesmo. Por certo, aproveito para agradecelle a Roberto os servicios prestados.

FIL: Onde reside o problema logo?

A.V: Eu creo que é un problema mental. Nos dous últimos partidos… O do Pastoricense era para gañar con certa tranquilidade coas ocasións que tivemos. E co Chantada Atlético, ca primeira media hora que fixemos, era para estar máis tranquilos. O equipo non é capaz de xogar tranquilo e impoñerse co marcador a favor.

FIL: Por onde pasa o futuro máis cercano?

A.V: A curto prazo imos resolver a situación con xente da casa. Eu estarei un poquiño presente e tiraremos con Omar, o segundo adestrador. Así coma con Brais, técnico do filial. Iso sí, estamos en busca dunha persoa, un adestrador que teña ganas de sacar isto adiante.

FIL: Qué perfil de adestrador buscades?

A.V: Alguén que coñeza a categoría e se pode ter experiencia neste tipo de situacións, sería interesante. Non é un requisito imprescindible. Pero sobre todo que aporte confianza ao grupo para que a xente xogue sen esta presión que ten enriba. Se alguén quere apuntarse ao reto, xenial.

FIL: Resulta curioso que cambiase tanto a dinámica, non? En Cerdeiriños segue o bloque dos últimos anos que tan bos resultados deu…

A.V: Houbo baixas importantes coma Hugo, Fernandito ou Chumi. Salientables. A gran base do equipo está pero foi moi complicado ter a todo o grupo ao completo. Agora máis ou menos está todo o mundo. Quitando a Melchor e Dabouza, que está fóra e só o temos ás veces. O problema das lesións parece que xa pasou. Poden volver, iso sí.

FIL: Buscades tamén xogadores no mercado?

A.V: En canto a xogadores non plantexamos incorporacións. Se surxise algo estudaríase. Pero a filosofía do clube é moi clara. Temos xente da casa, formando na nosa base. Quitando o caso de Cañón, que se adaptou moi ben e nos brinda moi nivel… Estamos tirando do que ten que ser un equipo de pobo. Da xente do pobo.

FIL: Clube de pobo, pero que deu moitos pasos adiante…

A.V: Estamos en crecemento no tema de fútbol-8. Mantemos o xuvenil e gozamos de boa saúde, con oito equipos en liza. Ademais dos veteráns.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*