#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal #Terceira Futgal

A ilusión dun ascenso a Segunda

Esta fin de semana desputaranse a volta das finais do play-off de ascenso á Segunda Galicia nos dous grupos da Terceira. Os encontros de ida deixaron, tanto nun caso coma noutro, as eliminatorias no aire, cunha lixeria vantaxe para un dos lados pero sen ter nada sentenciado.

Goiriz – Matela (1-1 na ida):

A final da Terceira norte decidirase este sábado ás cinco da tarde no campo do Ventiño. O duelo entre estas dúas parroquias conta cunha lixeria vantaxe a favor do Goiriz despois do empate con goles na ida. Aínda así o adestrador do cadro local, José Manuel Rey di que van ir ca idea de marcar goles: «confiamos en poder meter algún gol nesta eliminatoria, non nos conformamos co 0-0. Na casa temos máis confianza, metemos gol en todos os partidos agás nun durante a liga». O Goiriz ten a oportunidade de voltar a unha categoría que perdeu o ano pasado. Rey afirma que vai ser un partido moi duro e físico, no que pode ser que cheguen con varias baixas: «a falta das últimas evolucións, pero podemos chegar a ter catro ou cinco baixas. Temos un xogador cunha rotura, outro cunha escordadura de nocello e outro con sobrecarga nos xemelgos. Ademais non poderemos contar cun futbolista por problemas persoais».

O Matela eliminou ao Cervo na primeira eliminatoria e o Goiriz eliminou a Fonsagrada

O mesmo problema de baixas tamén o trae o conxunto visitante. Non obstante o capitán Pedro Rodríguez destaca que intentarán suplilas da mellor maneira: «Levamos todo o ano con moitas baixas, por iso foi un curso a trancas e barrancas, pero os que vaiamos xogar intentaremos facer que as baixas non se noten«. O equipo de Outeiro de Rei afronta o partido con moita ilusión xa que «somos moi poucos os que estamos no equipo que xa vivimos algún ascenso e é algo bonito» afirma Pedro. Ilusión si, pero non presión. Pedro como voz autorizada do vestiario do Matela apunta que «somos un grupo de amigos que nos gusta este deporte e imos a pásalo ben. Eles o ano pasado estiveron en Segunda e supoño que quererán recuperar esa categoría que perderon, asique creo que os favoritos e a presión deberíana ter eles».



O míster do Goiriz define así ao Matela: «son un equipo defensivamente moi duro, cun gran traballo físico no medio campo. Na parte de adiante teñen un xogador en banda que destaca por riba do resto, un dos mellores futbolistas desta temporada». Pola súa banda, Pedro destaca que o Goiriz «é un club bastante máis veterán e que levan varios anos xogando xuntos, iso fainos ser un equipo moi serio. De feito creo que deberon ser dos menos goleados da categoría».

Río Sil – Monterroso B (2-1 na ida)

No grupo sur a final está entre o Río Sil e o filial do Monterroso. O conxunto de Sober chega ao partido do anexo de Cerdeiriños (domingo ás sete da tarde) con vantaxe na eliminatoria despois do triunfo na ida. Como na outra final, as baixas tamén poden ser chave dependendo de como de longo se lle fagan os minutos aos equipos. O adestrador do Río Sil, Juan Diéguez din que eles están no límite: «estamos tocados físicamente. Na última semana entre o partido de volta co Incio e o de ida co Monterroso romperon o ombreiro tres futbolistas. Unha cousa incrible. Ademais temos dúas baixas de longa duración e un que por motivos persoais non pode vir». Aínda así amósase moi ilusionado por esta oportunidade histórica para o seu equipo: «nunca xogamos unha fase de ascenso e ademais estamos no 25 aniversario do club. O ano pasado o equipo quedara último. A min pediuseme un lavado de cara e agora que estamos aquí non imos ir de paseo».



Sería o primeiro ascenso na súa historia tanto para o Río Sil como para o Monterroso B

O Monterroso B non poderá contar co mediocentro titular Adrián Antas por acumulación de cartóns. O adestrador Fer laiouse do resultado da ida, pero séntese esperanzado do que poidan facer no seu campo: «Merecemos moito máis. A nosa mellor arma é o noso campo que podemos practicar o noso fútbol. Nós imolo intentar. Temos que gañar por fútbol«.

No filial monterrosino teñen a espiña cravada despois de que o ano pasado perderan na final dos play-off e nas semifinais da Copa Deputación no seu primeiro ano de competición. «Pola esixencia do club non é un obxectivo ascender, pero eu marqueimo. Este ano competimos moito mellor porque a xente xa se foi acomodando a categoría. Había xogadores que nunca practicaran este deporte ata que se iniciaron o ano pasado. De feito, estivemos primeiros boa parte da temporada, pero perder tres partidos ao final condenounos», comenta Fer.

Para Fer as mellores armas do Río Sil son o xogo aéreo e o balón parado como xa puideron comprobar nun dos goles encaixados na ida. Pola súa parte Diéguez destaca o anexo de Cerdeiños como aspecto a ter en conta por parte do equipo local. «O seu campo téñeno mallado. Todo o mundo leva falando toda  a semana de que o artificial é demasiado pequeno«, apunta Juan Diéguez. Aínda así, os das terras de Sober irán a polo gol: «imos tentar marcar. Imos ir a un partido de goles» subliña o técnico.

O que si está case seguro que vai haber é bo ambiente, aínda que a última parte do partido poida que se solape cun tal clásico da Primeira División. «O día do Quiroga non había onde aparcar os coches nin onde poñerse a xente. Nunca vira o artificial así«, destaca o adestrador monterrosino.

Dende Futbolinlugo quedámonos ca reflexión do capitán do Matela que cremos do máis acertada para estas dúas finais «Que gañe o mellor, pero sobre todo que non haxa lesións e que reine a deportividade«.



A ilusión dun ascenso a Segunda

A competición dos grandes olvidados

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *