Jorge Veloso, SDC Residencia: "O fútbol axúdame a alcanzar as miñas metas"

5 goles, victoria do seu equipo e coliderato. Ese foi o balance da xornada para Jorge Veloso, dianteiro centro da SDC Residencia Xuvenil “A”, que milita na Liga Provincial Xuvenil, Grupo Sur. Este rexistro goleador non é casual para o rapaz de dezasete anos, que encabeza a táboa goleadora con 7 goles en tan só catro encontros e anoutou 20 goles na liga regular a temporada 2016/2017, sendo aínda xuvenil de primeiro ano.

Na vista destes rexistros goleadores, Futbolinlugo falou co ariete lucense para coñecer máis sobre él e o seu fútbol. Velaquí as súas palabras:

FUTBOLINLUGO: Ola Veloso. A pasada fin de semana anotaches cinco goles. De onde sae ese instinto goleador?

VELOSO: Non o sei moi ben (ri), o importante é que puiden axudar ao equipo, xa que comezamos perdendo e marquei os tres primeiros goles. Tiven sorte no partido, porque coincidíronme cinco ocasións diante do porteiro e puiden finalizar ben as cinco, así que moi contento.

 

Veloso nun partido a pasada campaña.

FUTBOLINLUGO: Sempre xogaste de dianteiro centro?

VELOSO: Sempre xoguei de atacante, pero por exemplo o ano pasado xogaba máis de extremo, na banda. Este ano estou xogando máis de “nove”. Non son un dianteiro puro, pero ao ser poucos arriba, teño que adaptarme a esta posición.

 

FUTBOLINLUGO: Que te caracteriza no teu xogo?

VELOSO: A verticalidade e a velocidade, sobre todo. Tamén vou ben por arriba, e ás veces estou acertado de cara a gol, aínda que non sempre. Penso que destaca o meu compromiso co equipo.

 

FUTBOLINLUGO: Algunha vez practicaches algún deporte que non fose fútbol?

VELOSO: Si, o atletismo, pero tiven que escoller entre eles e decanteime polo fútbol.

O fútbol gústame máis que calquera deporte.

 

FUTBOLINLUGO: Polo tanto, por qué escolliches o “deporte rei”?

VELOSO: Fundamentalmente, síntome mellor xogando ao fútbol. Gústame máis que calquera outro deporte.

 

FUTBOLINLUGO: Que é o que máis te gusta do fútbol?

VELOSO: Axúdame a alcanzar as miñas metas, e disfruto xogando porque é un deporte de equipo no que fago moitos amigos e coñezo moita xente nova.

 

O obxectivo da Residencia é acadar o ascenso á Liga Galega.

FUTBOLINLUGO: Cales son os obxectivos do teu equipo -a Residencia- este ano?

VELOSO: Ao igual que o ano pasado, acadar o ascenso á Liga Galega, e a ver se este ano podemos conseguilo, xa que temos un moi bo plantel.

 

FUTBOLINLUGO: Véste xogando ao fútbol en categorías superiores dentro duns anos?

VELOSO: Xogando si, quero seguir no deporte que adoro. Ogallá sexa nunha categoría “grande”, pero o primordial e seguir xogando.

 

FUTBOLINLUGO: Gracias por atendernos. Seguiremos de cerca os teus goles!

VELOSO: A vós!!

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*