Como no fútbol, débese observar e actuar ante o planteamento ou movementos no céspede do rival. Sen embargo, hoxe non veño a falar de nada do que pasa no campo. Hoxe, veño a escribir sobre o que vemos todas as semanas nos campos de fútbol onde se están a disputar partidos de Fútbol Base. Alguén pensou en poñer un medidor de palabras mal soantes en encontros de nenos de sete a dez anos? Eu si.

Ben, meténdonos no tema do que vos veño a falar, que será de observar e actuar nos campos onde se xogan partidos de Fútbol Base, coméntovos que son moitos os nenos que están a xogar ó fútbol na nosa cidade. Supoñendo que xa o saberedes, moitos deles chegan a idades de Cadetes ou Xuvenís cansados de xogar no fútbol federado e vanse a xogar pachangas cos colegas ou mesmo a participar na Liga Pirata que se xoga polas noites nos distintos polideportivos da cidade das murallas. Alguén sabe cal é o motivo disto?. Como unha persoa normal, un neno tamén ten inquietudes e malestar, e eu persoalmente, supoño que os nenos se cansan do fútbol na época de madurez por todo o que viviron no mundo do balompé federado. Dende moi pequenos acostúmanse a comerse o árbitro se hai algunha xogada dubitativa ou mesmo a mandar calar a grada como fan algúns dos seus ídolos na televisión.

É evidente que os pais serán forofos do seu neno e do equipo no que xogue, é inevitable. Aínda así, penso que o comportamento dos pais, en casos aislados, non é o idóneo, e isto hai que paralo. A estas alturas do artigo supoño que vades entendendo o titular: observar e actuar. Nun campo onde están xogando nenos/as a un costado e outros tantos ao outro, sempre hai un sector no que hai un ou uns pais extremadamente forofos. Se o árbitro é malísimo, se ese está provocando o meu fillo, se me encaro cun pai rival, se o preparador puxo pouco o meu fillo ou o gol que nos meteron é culpa do adestrador… Tamén están os que din o seguinte: ‘metímoslles vinte a estes, que bos son os nosos chavales’ nunha conversa entre pais do mesmo equipo de rapaces que lle acaban de gañar a outros rapaces de 7 anos. Este último tema xa o recalcou a semana pasada, e a perfección, Manu Amor neste mesmo portal.

Volvendo ao parágrafo anterior, hai un sector de pais extremadamente forofos en cada campo. Si, algún de ese grupo foi o que me gritou ‘fillo de…’ dende a grada do Corgo mentres que eu xogaba un encontro co Sagrado Corazón con 15 anos. Eu, primeiro, observei, e tras decatarme de cal dos espectadores era, actuei dicíndolle: ‘somos chavales, só queremos xogar’. Outro exemplo vivino na actualidade cando fun a Coruña co Senior Feminino B da Milagrosa, onde un fillo colleu unha botella que estaba nun muro diante de seu pai e, tendo a porteira de Frigsa diante, díxolle o pai ó fillo: ‘tíralla a cabeza’, mentres que o fillo respondeu: ‘papá, para xa’.

Penso que todo está dito e posto sobre a mesa. Penso que é hora de que observedes nun campo de fútbol e actuedes da mellor maneira posible, que é evitar o forofísmo no Fútbol Base.

 

Fernando Currás, ex xogador de Fútbol, Jefe de Prensa da SCD Milagrosa e Redactor de 21 Noticias.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*