Palabra de... Amadeo Expósito: "O compromiso no fútbol base"

 

Antes de nada, gustaríame recalcar que todo isto non é máis que unha opinión persoal. Eu estou nisto do fútbol de maneira totalmente altruista e co máximo compromiso que podo asumir.

Segundo a Real Academia Española da Lingua, o vocablo “compromiso” significa “obriga contraída” ou “palabra dada”. O problema xorde cando un xogador adquire o mesmo no deporte que sexa, neste caso no fútbol, cun equipo de xente, tendo que cumprir así durante toda a tempada cos adestramentos correspondentes máis os partidos…

Cando as cousas van ben todo resulta máis doado, pero o problema empeza cando as cousas non saen como a todos nos gustaría e comezamos a poñer disculpas pouco -ou nada- creíbles e que, case sempre, lle ocorren aos mesmos.

Os que traballamos diariamente nisto vivimos situacións destas practicamente tódolos días e, xeneralmente, poucas horas antes de que comece o adestramento, perxudicando así o traballo dos adestradores, utilleros e demais persoas que nos implicamos día a día e todo ano en que todo saia o mellor posible.

Unha pequeña anécdota que me ocorreu e quero poñer como exemplo…

“Fai non moito acudimos a xogar un partido da liga de veteranos, pois ben, dous días antes do mesmo confirmamos a asistencia de once persoas, e finalmente fomos nove a xogar, coas consecuencias e cabreos que iso conleva.

A razón esgrimida por estas dúas persoas -que non compañeiros- foi que asistirán a unha cea e non se deran erguido para cumprir co compromiso adquirido. Palabra dun compañeiro que si foi: “Xa facían así de pequenos. A culpa é nosa por confiar neles.”

Sin xulgar a ninguén (eu non son quen), no 90% dos casos de falla de compromiso a culpa é nosa como pais, entre outras cousas porque a nosa obriga é procurar que os nosos fillos asuman con responsabilidade o compromiso que adquiren, ben nos estudios, no deporte ou en calquera outra actividade.

Amadeo Expósito: Coordinador de Fútbol-11 no CP Calasancio e xogador afeccionado de fútbol.

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*