Hoxe, Futbolinlugo falou con Brenan, adestrador do Racing Club Vilalbés «B» xuvenil, equipo que contra todo pronóstico acadou a primeira praza do campionato provincial e está a disputar a Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil.O Meirás é o seu rival nesta fase de ascenso, e aos chairegos lles tocará remontar no partido de volta ante o Meirás, conxunto que venceu onte no Roca por 0-1. Non obstante, de perder a eliminatoria, os de Vilalba contarán cunha segunda oportunidade, reenganchando nas semifinais da Fase de Ascenso. Velaquí as palabras de Brenan.

Futbolinlugo: Ola Brenan. Sen dúbida, o equipo rendeu por encima do agardado esta campaña…

Brenan: Si, nótase que o grupo está traballando co equipo de Nacional, e o nivel dos rapaces subiu moitísimo.

 

Futbolinlugo: Cales son as chaves do éxito para chegar tan arriba cun equipo de xogadores de primeiro ano?

Brenan: Eu penso que ven de lonxe. Desde hai uns cantos anos, estáse traballando moi ben no clube, sobre todo da man de Simón Lamas, que ten gran parte do mérito da maioría dos equipos da base, e os xogadores veñen de xogar en Liga Galega cadete, e iso nótase bastante.

 

Futbolinlugo: Ves posible a remontada ante o Meirás?

Brenan: O resultado na ida non foi o mellor, pero pensó que é un equipo ao que lle podemos facer daño no partido de volta.

 

Futbolinlugo: No caso de quedar eliminados, o equipo conseguirá reponerse anímicamente?

Brenan: Si, onte estaban tocados anímicamente, pero espero que consigan mentalizarse xa para remontar o próximo domingo.

 

Futbolinlugo: Qué valoración farías do que vai de tempada?

Brenan: Son un grupo moi bon, sobre todo a nivel humano, e a nivel futbolístico nótase que son todos de primeiro ano, por exemplo ante o Meirás, equipo de terceiro ano que conta con maior experiencia. A pesares diso, eu estou moi contento, é o mellor grupo que adestrei desde que comecei.

 

Futbolinlugo: Gracias pola atención.

Brenan: A vós.

desexamos toda a sorte do mundo ao racing Vilalbés «B» na súa andaina cara o ascenso, que sería un enorme fito para o fútbol chaeirego!

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*