#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal #Terceira Futgal

Volve o Mondoñedo – Lourenzá por unha boa causa

É un dos grandes encontros da provincia. Un dos exemplos do fútbol de sempre. Nas últimas tempadas o Mondoñedo e o Lourenzá non cadran na mesma categoría en competición oficial, pero este domingo volve o derbi na previa do inicio das ligas e con motivo benéfico.

O Viñas da Veiga agardar recibir unha boa entrada e non espantar a ninguén este domingo ás 18:30h na sétima edición do Trofeo Ramón Espantoso.

Todo o recaudado no encontro irá parar a AGAELA (Asociación Galega de Afectados pola Ela). O prezo das entradas é de 2€. Pódense adquirir en Mondoñedo (en Casa Regina e no Palique), en Lourenzá (no Morrigan e no Pipote) ou o propio día do encontro no despacho de billetes do campo mindoniense. Ademais no descanso haberá diversos sorteos.

Dende a directiva apuntan a que a iniciativa sae a partir da sensibilidade que lles xerou a enfermidade tan difundida por Juan Carlos Unzúe. «A raíz do documental de Unzúe, pensamos en facer algo e contactamos con AGAELA», comenta Chopa quen agarda «xuntar xente no campo por ser unha boa causa e porque a xente ten gana de derbi», puntualiza.



O Lourenzá é o equipo que ten máis inminente o inicio de Liga. A seguinte fin de semana comeza a Primeira Galicia e o cadro laurentino xogará na súa casa ante o Santaballés.

Pola súa banda, o Mondoñedo iniciará o seu periplo na Terceira Rexional a última finde do mes. Israel volve á fronte do equipo que xogará o primeiro encontro na casa recibindo ao Cazás.



Volve o Mondoñedo – Lourenzá por unha boa causa

Diario dun mercado. Episodio 325

Volve o Mondoñedo – Lourenzá por unha boa causa

Diario dun mercado. Episodio 326

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *