#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal

Que ver esta fin de semana? (2-3 setembro)

Comeza setembro e a nosa nova programación. Tódolos venres trarémosvos unha proposta futbolística para a fin de semana. Non quere dicir que sexa a mellor, posto que cada un ten os seus gustos, porén sempre será a máis interesante posible para nós. Sen máis dilación, estos son os sobranceiros da xornada para este humilde equipo de traballo!

Abrimos a xornada da Preferente no Arturo Pereiro, onde o novo Castro se estrea ante a súa afección co Arzúa. Será a antesala do gran plato do fin de semana. O derbi capitalino do Ceao, que se disputará o domingo. Residencia e Polvorín chegan tras gañar na primeira cita do ano. Pola tarde, nese mesmo Día do Señor, a Primeira Galicia terá o seu pistoletazo de saída. Dous partidazos para comezar: Monterroso A-Lemos e o derbi mariñán entre Xove Lago e Valadouro. 

Tamén o fútbol base é protagonista esta semana, xa que comeza a División de Honra Xuvenil, con sendos duelos na casa do CD Lugo e do Racing Villalbés, ante Areosa e Valmiñor, respectivamente. Os albivermellos tratarán de comezar ben unha temporada na busca dos primeiros postos da clasificación, mentres que os chairegos buscarán disfrutar da experiencia de disputar un partido histórico para a vila, o primeiro desta categoría que se verá no Estadio Roca.

 



SÁBADO

12.00 horas. CD Lugo-Areosa. A Reigosa. División de Honra Xuvenil.

18.00 horas. Castro-Arzúa. Arturo Pereiro. Preferente Norte



18.30 horas. Racing Villalbés-Valmiñor. Estadio Roca. División de Honra Xuvenil.

DOMINGO

12.00 horas. Polvorín-Residencia. O Ceao. Preferente Norte

18.00 horas. Monterroso A-Lemos. Cerdeiriños. Primeira Galicia

18.00 horas. Xove Lago-Valadouro. Municipal de Xove. Primeira Galicia

Que ver esta fin de semana? (2-3 setembro)

Fran Pastor, Riotorto: «A idea era xogar

Que ver esta fin de semana? (2-3 setembro)

A mellor previa dunha espectacular Primeira

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *