#Feminino #Fútbol afeccionado

Un presidente polivalente e tres derbis de infarto

Como ben se anticipou a semana pasada, o fin de semana estivo marcado polo derbi da Primeira Galicia entre SD Antas e PM Friol «B», que se saldou cun xusto empate a un gol. Quizais mereceu máis a SD Antas, xa que as rapazas do Castro Seoane acabaron o partido con nove xogadoras e encaixaron o gol do Friol no último minuto. Ademáis, unha dubidosa decisión arbitral nun «gol fantasma» impediu que as celestes puxeran o 0-2 no electrónico.

Tamén destacaron os derbis da Segunda Galicia. Neles, a SD Chantada superou ao Carballedo CF por 3-1 nos que foron os peores noventa minutos da temporada por parte das visitantes, que non conseguiron facer fronte aos nervios e víronse superadas en todos os aspectos. Porén, o mérito da SD Chantada tamén é de destacar. A SG Comercial, pola súa banda, caeu ante o CD Lugo por 1-4 nun derbi capitalino no que as locais protestaron moito o primeiro gol albivermello -que supuxo o momentáneo 1-1- e, pese a facer un bo partido, foron superadas por un Lugo que tardou en adaptarse ás dimensións do campo pero que puxo fin ao 2019 cunha boa victoria.

No que atinxe ao Fútbol-7, deu comezo a segunda fase, na que SD Burela e SCD Milagrosa competirán no mesmo grupo polo título de liga. As primeiras descansaron esta semana, mentres que as de Frigsa superaron po 2-1 ao Orillamar.



Por último, e deixándoo hoxe para o final, o PM Friol fixo historia conseguindo a maior goleada da súa historia no Reto Iberdrola, tras imporse 4-1 ao Lleida, que chegaba á Reigosa na cuarta posición. Así, o debut de Ángel Villar como presidente-adestrador foi máis que destacado.



Un líder invicto e outro que se

Un presidente polivalente e tres derbis de infarto

O partido da xornada . . .

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *