#Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

Trío de Ases Terceira (Xornada 33)

A xornada 33 na Terceira División disputada no día de Xoves Santo, case na súa totalidade, deparounos resultados e sensacións dispares dos nosos representantes. Un frouxo Polvorín caeu na Cheda, nun insulso partido, ante o Ourense C.F., mentras que o Racing Vilalbés gañou nun trepidante encontro na Coruña ante o Silva. Ámbolos conxuntos teñen unha renda, que debera ser suficiente para non verse en perigo nas cinco derradeiras xornadas de competición.

O Polvorín caeu por segunda xornada consecutiva ante un enrachado Ourense C.F. (0-1). Nun encontro sen moitas ocasións, os ourensanistas foron superiores no manexo do partido e no control do xogo. Logo dunha primeira metade de dominio alterno, na segunda o conxunto adestrado por Fran Justo fíxose co timón. Malia todo, o único tanto do encontro non chegou ata os instantes finais. Germán, logo dun bo pase de Raly Cabral, definiu ante Cacharrón cun bo tiro cruzado. Con case dez minutos por diante para o pitido final, o filial lucense non foi quen de poñer en apretos ao rival, que quedou con dez no desconto por expulsión de Xinzo. Juan Brunet voltou ao equipo titular de José Durán logo de viaxar a Córdoba co primeiro equipo, mentras que a mala nova chegou ao comezo da segunda metade coa lesión de Marcos. O ex do Polvorín, Manu Mariña foi titular na liña de tres centrais do Ourense. Os lucenses manteñen nove puntos sobre os postos de descenso directo, antes de recibir de novo como locales ao Bergantiños, líder provisional da Terceira.

O Racing Vilalbés deu un paso de xigante cara a permanencia logo de vencer ao Silva (2-3). Terceiro triunfo consecutivo para os chairegos que sumaron doce dos quince últimos puntos en xogo e deixan os postos de descenso a oito puntos. Moi superior o conxunto de Simón Lamas na primeira metade, na que conseguiu dous goles de vantaxe. Aos sete minutos, Javi Varela acadou o primeiro tanto, tras un bo remate de cabeza á saída dun córner, e xa preto do descanso un centro de Buyo desde o perfil esquerdo foi rematado de xeito espectacular por Denis, no que foi o primeiro tanto do dianteiro coa camisola do Racing. Na segunda metade, o Silva mellorou notablemente e foi quen de igualalo marcador con tantos de Aaron e Angulo. De tódolos xeitos, os vilalbeses no último cuarto de hora voltaron a facerse co control do partido. Xa co tempo cumprido un empuxón a Villares dentro da área é sinalado como penalti, encargándose de transformalo Jose Varela, o mellor do Racing ao longo dos noventa minutos.



 

Trío de Ases Terceira (Xornada 33)

Os sobranceiros da 1ª rolda da Fase

Trío de Ases Terceira (Xornada 33)

O partido en imaxes: Meira-Abadín (3-0)

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *