#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Terceira RFEF

Trío de Ases Terceira (Xornada 16) e Preferente (Xornada 14)

Grandes novas para os nosos equipos esta xornada. O Polvorín xa está en postos de ascenso despois de golear ao Castro. Os de José Durán xa gañaban por 4-0 no minuto 32. Cuadretti marcou un hat trick e no Castro xogaron os dous porteiros. Javi López cambiou a José Manuel por Yebra no ecuador da segunda metade. Os capitalinos son segundos grazas ao triunfo dun Ribadeo que acecha a zona nobre. Os de Fiz Rodríguez derrotaron pola mínima ao Arzúa, rival directo na pelexa polo ascenso. O meta xuvenil Prieto entrou na convocatoria e seguirá participando co primeiro equipo. Os do Pepe Barrera non van fichar outro gardamallas tralo adeus de Parapar. Ademais, na Terceira o Racing Villalbés puxo fin á gran xeira do Choco (2-0). Séptima xornada seguida sen perder para os de Óscar Gilsanz. No cadro redondelán, o lucense Alberto Suárez xogou os 90 minutos.

O Viveiro colle aire despois de golear ao Dumbría na primeira victoria de Chusky á fronte dos de Cantarrana. Os mariñáns estrearon equiapación esta xornada, volvendo ao azulón na súa primeira casaca. No entanto, a Residencia leva un mes sin gañar. Tívoas de todos os colores para superar ao Xallas. Non pasou do empate nun encontro no que recuperou a Simón e perdeu a Meko por lesión. O Outeiro de Rei deixou boa imaxe e deixouse os puntos no minuto 90. Remontada do Atlético Arteixo no cuarto de hora final. Por último, o Atlético Escairón regresou de baleiro do complicado feudo do Boimorto.

 



Trío de Ases Terceira (Xornada 16) e Preferente (Xornada 14)

Motivos para sorrir na Milagrosa

Trío de Ases Terceira (Xornada 16) e Preferente (Xornada 14)

O partido en imaxes: Sporting Lucense-San Lázaro

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *