#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Terceira RFEF

Trío de Ases Terceira (Xornada 13) e Preferente (Xornada 14)

Os triunfos lucenses na Terceira non teñen continuidade ata o de agora. Se na pasada xornada celebrábamos que Polvorín e Racing Vilalbés lograban sendas victorias, desta volta ámbolos conxuntos caeron derrotados. Na Preferente, Sarriana e Viveiro gañaron a domicilio, o Ribadeo caeu no Pepe Barrera, mentras que Foz e Castro foron goleados por Sofán e As Pontes respectivamente.

O Polvorín caeu na Cheda por dous tantos a tres ante o Somozas, un conxunto dos teóricos favoritos ao ascenso pero que chegaba a esta xornada nunha xeira negativa. Foron clave os erros defensivos dos de José Durán, que lles privaron de poder, cando menos, sumar algún punto. A primeira metade foi igualada, ata que no minuto 44 Gerardo, ex do Racing Vilalbés aproveita unha mala cesión para bater a Javi Liz. Xusto ao comezo da segunda parte, pasividade xeral da zaga roxibranca e Álex Díaz anota o segundo. O filial lucense repúxose dos dous mazazos e o goleador Antón Escobar non fallou á súa cita co gol e recurtou distancias. A falta de dez minutos, un gol en propia meta facilitou a igualada. Cando parecía que a igualada ía ser definitiva, outro erro en defensa do Polvorín tras un centro lateral foi aproveitado por Quique Cubas para darlle os tres puntos aos de Manolo García.

Tampouco o Racing Vilalbés puido sumar no Morrazo ante o Alondras. Derrota por 3-1 dos de Simón Lamas que continúan en posto de descenso. Un só punto para os chairegos nas últimas seis saídas lonxe da Madalena. Encontro con tres penas máximas, a primeira delas ao cuarto de hora de xogo que lles serve aos locales para adiantarse no marcador. Xusto antes do tempo de lecer, Álex Pérez, o máis destacado do Racing nesta xornada, igualou tamén desde os once metros. Na reanudación, Jonas completou a súa exhibición e completou o seu hat trick particular. Os vilalbeses tentaron o gol, pero atopáronse sempre co inspirado gardameta local.



A Sarriana foi quen de acadalos tres puntos nun difícil campo como é do Dubra (0-1), e segue en posto de ascenso, incrementando incluso a diferencia co terceiro clasificacado. Entrou moi ben no encontro, como ben sendo habitual lonxe da Ribela, contando con ocasións de gol. O gol chegou aos 37 minutos tras un centro de Quiroguita que rematou Rubén Díaz. O Dubra vai a polo encontro, pero atopouse coa inspiración de Javi López, mentras que os de Alberto López preto do final puideron ampliar diferencias por medio de Josito.

Dolorosa derrota do Ribadeo no Pepe Barrera (1-2) ante o Arzúa, que supera aos mariñáns na clasificación con este triunfo. Primeira derrota como local dos de Rafa Casanova no seu feudo. Primeiro tempo no que o Ribadeo foi lixeiramente superior, nun encontro con moito centrocampismo. Os mariñáns adiantáronse no marcador pasado o primeiro cuarto de hora, cun bo testarazo de Fernando á saída dun córner, pero unha mala posta en escea no segundo periodo condenou ao Ribadeo. Primeiro Juanjo, e logo Adrián Iglesias, logo dun penalti cometido polo goleador Fernando, déronlle a volta ao marcador. Os ribadenses tentaron a igualada pero sen acerto. A ocasión máis clara tívoa Adrián Barrera.

O Viveiro sacou o mal sabor de boca do derbi da mariña da mellor maneira posible: vencendo ao Noia, un dos galos da categoría no seu campo por dous tantos  a catro. Encontro moi completo dos de Chusky que se levaron os tres puntos dun xeito máis que merecido. Aos dez minutos de xogo, Álex Meitín adiantou aos de Chusky, que case non puideron saborealo, xa que, Quintairos aproveitou o seu instinto e igualou na seguinte xogada. A partir de ahí, claro dominio viveirense, que sacaron gran partido do balón parado. Deste xeito chegaron os goles de Uriol e Roi. Na segunda metade, Iván ampliou máis as diferencias e Nando, xa co tempo cumprido maquillou o marcador.



Nova debacle do Foz lonxe do Martínez Otero, desta vez no Carral ante o Sofán. Os de Gayol caeron por 5-0 e suman seis encontros sen gañar. Malia todo, non foi mala a primeira metade dos focenses, que lle plantaron cara a un bo rival e mesmo puxeron a proba ao seu gardameta, sen éxito. Pero na reanudación, todo se veu abaixo e un desbaraxuste defensivo rematou en goleada.

O Castro segue sen lograr un triunfo nesta temporada, pero o rival desta xornada non era o máis propicio. Os de Brais Prados sufriron unha nova goleada ante o As Pontes (1-6) no Arturo Pereiro. A sorte non estivo do lado dos chairegos, xa que, aos quince minutos os dous goles que figuraban no marcador visitante foron anotados en propia porta por xogadores do Castro.

Trío de Ases Terceira (Xornada 13) e Preferente (Xornada 14)

As nosas redes falan

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *