Cando aínda parece estamos na plenitude do verán, chega o fútbol e benvido sexa. A Terceira e a Preferente xa botaron a andar, con sorte dispar para os nosos representantes. Foron quen de acadala victoria a Sarriana e o Ribadeo. O cadro sarriao gañou con autoridade ao San Tirso (3-0) nun encontro no que os de Alberto López levaron o mando do partido. Adiantáronse cun gol de Marzán na primeira metade e nada máis comezala segunda, con só trinta segundos transcorridos Omar fixo o segundo. O terceiro foi obra de Rubén Díaz.
Pola súa banda o Ribadeo desfixo o maleficio de comezar a liga sen victoria e desfíxose do recén ascendido Agolada por dous goles a un nun encontro moi disputado. Adiantou aos mariñáns Aitor tras unha gran xogada de Lucky e tras un dubidoso penalti os visitantes lograron o empate. Eran os peores momentos do Ribadeo, pero no minuto 73 Poratti decidiu o partido logo dunha xogada colectiva.
O Castro arrancaba a temporada logo dun verán cheo de dúbidas e a piques estivo de facerse cos tres puntos ante o Atlético Coruña Montañeros que rematou empatando (2-2). No minuto 54 Dani Montes adiantou aos de Edrosa cun auténtico golazo por toda a escadra e dez minutos máis tarde Navia fixo o segundo logo dun barullo na área. Malia ter o encontro aparentemente controlado un libre indirecto dentro da área serviulle aos coruñeses pra recurtar distancias e preto do final un xogadorazo como Herbert logrou a igualada ao executar unha falta directa.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
O Viveiro non puido comezala temporada con bo pé e perdeu en Cantarrana por un tanto a dous ante o Arzúa. Os de Chusky costoulles entrar non encontro e no minuto dezasete xa perdían por dous goles. A partir de ahí o partido igualouse pero o Viveiro non estivo acertado nas áreas. Recurtou diferencias Tichu e aos poucos minutos Arturo errou un man a man ante o porteiro rival que puido supoñer o empate
O Foz caeu derrotado na Pobra no partido do seu retorno a Preferente. Un erro defensivo propiciou que se adiantaran os locales. Nun encontro igualado, Xenxo e David Rodriguez tiveron opcions de gol pero este so chegou por medio de Dani Chao preto do final.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
O Polvorín non puido sacar na positivo da visita a San Lázaro e caeu derrotado (2-0). O lucense Santi Gegunde adiantou ao Compostela na primeira metade, e os santiagueses gozaron de ocasións para ampliar as diferencias. O filial lucense tamén tivo as súas, destacando unha de Cuadrado no minuto 68. Os de Durán foron quen de competir ante o campeón da pasada liga. A falta dun cuarto de hora, o ex deportivista Piscu sentenciou o encontro.
Non puido pasar do empate o Racing Vilalbés na Madelena ante o recén ascendido Porriño Industrial (0-0). Foi quen levou o peso do partido, pero a falta de acerto cara a porta contrario privou aos chairegos do triunfo. Álex Pérez na primeira metade e Juan de Dora e Make preto do final tiveron as máis claras.