Nada máis e nada menos que dous derbis. Iso foi o que tivemos esta fin de semana. No primeiro deles, o Castro tirou de solidez para deixar a súa porta a cero por segunda semana consecutiva. A expulsión de Félix no Atlético Escairón resultou determinante. No outro encontro entre lucenses da xornada, o Ribadeo asaltou A Cheda. A pesares do golazo de Meco despois dunha soberbia acción colectiva local.
Na capital, o Polvorín caeu nos últimos compases ante un Arzúa que fixo o partido redondo. Defendeu á perfección e desquiciou aos de José Durán. E asestou dúas coiteladas nos minutos 88 e 89 para levar os tres puntos do Ceao. A nota negativa do encontro puxérona os xogadores visitantes Rucho, ex do Castro, e Miguel; que chocaron cabeza con cabeza. Semella que todo quedou nun susto. Ademais, o Outeiro caeu pola mínima ante o Sofán o pasado xoves e o Viveiro encaixou unha dolorosa derrota no feudo do Dubra.
Por último, na Terceira Galega o Racing Villalbés recuperou sensacións nunha boa segunda metade goleando ao Alondras. A primeira parte deixou moito que desexar. Na reanudación, o contragolpe chairego resultou letal unha vez máis.

