Nesta última fin de semana do ano, en medio do Nadal, tivemos ata cinco encontros dentro dos aprazados pola cicloxénese Ana. Dous de Preferente e tres de Primeira Galicia. Contámosvos xa os detalles e os destacados de todos estes partidos.
*Castro-Betanzos: O xogo reanudouse no mesmo punto onde concluiran os vinte minutos disputados: nun saque de banda xunto ao banquiño. Omar logrou empatar para un Castro superior pero sen gol. Iso sí, Sergio volveu marcar para o Betanzos e os puntos marcharon do Arturo Pereiro.
*Atlético Escairón-Dumbría: Victoria sufrida e fundamental para o conxunto de Charly. Decidiu o gol de Quiroguita preto do descanso nun encontro no que Asier e Alami debutaron coa elástica do Atlético Escairón. Ambos coma titulares. Alami, foi o máis destacado.
*Ferreira-Xove Lago: Gran sorpresa no Baliño. Un tanto de Samba deixou ao Xove Lago sen liderado. Os de Miguel Sancosmed desperdiciaron moitas ocasións, especialmente a balón parado. O meta César despediuse coa portería a cero. O Ferreira segue en descenso a pesares dos tres puntos.


*Páramo-San Roque: O Páramo gañaba no minuto 85 grazas a dous goles de Fede. O San Roque remontou, marcando o último gol en tempo de desconto. Obra de Iago Alonso. O técnico local Fontal rematou expulsado.
*Valadouro-Bóveda: Os de Cabanelas chegaron a ir mandando no marcador. A alegría durou pouco. Era a tarde de Felipe Varela, autor de cinco dos seis goles dos do Árbol.
