#Feminino #Fútbol afeccionado

Tres equipos lucenses na loita por subir a primeira

Triunfo de líder para o PM Friol en Mos. As rapazas de Covi viviron un partido complicado ante un rival que precisaba un puto para salvarse de xeito matemático. Non tiveron tal sorte as pontevedresas. A súa intensidade defensiva e o balón parado resultaron insuficientes. O PM Friol non deu o brazo a torcer en momento algún. Perdonou na primeira media hora e non lle quedou outra que arriscar na segunda metade. A insistencia tivo o seu premio cun gol da local Irea en propia porta, no minuto 90.

Na Primeira Galicia, o Lugo colleitou o seu primeiro triunfo na fase de ascenso. O cadro de Joaquín mostrouse moi serio e agresivo en campo contrario. As branquivermellas adiantáronse no marcador pero viron como O Val remontaba en dous erros defensivos. O desánimo non se apoderou dun Lugo que o bordou na última media hora, facendo catro goles. Que ben puideron ser máis.

Pola súa banda, o Antas cedeu dous puntos no límite. As de Melendo adiantáronse por dúas veces nun encontro disputado. A mellor versión das da Ulloa chegou na segunda metade, corrixindo os problemas do primeiro acto e dispoñendo de ocasións suficientes para gañar. Porén un postreiro tanto do Victoria B deixou un sabor agridoce no Castro Seoane. Nuria marcou os dous goles do Antas. Por último, o PM Friol B sucumbiu con claridade na casa ante o Orzán. No terceiro partido da temporada entre os dous equipos, as coruñesas foron mellores nun encontro de ida e volta e con ocasións para ambas escadras.

RESULTADOS DA XORNADA

Mos 0-1 PM Friol



O Val 2-5 CD Lugo

PM Friol B 0-3 Orzán

Antas 2-2 Victoria B



San Roque 3-4 Touro

Comercial 2-2 Milagrosa

Monte Forte 2-3 Chantada

Monte Forte 1-0 Comercial (X. 11)

Nuria, bigoleadora do Antas

doble Cara e cruz para o Monte Forte nos derbis

O Monte Forte selou o seu billete para a fase de ascenso despois de sumar tres dos seis puntos en xogo que tivo esta pasada fin de semana. O sábado pola mañá as monfortinas venceron á Comercial nun partido discreto e que se decidiu co solitario gol de Mougán no ecuador da primeira metade, a mellor do partido. O Monte Forte tiña media cabeza no derbi do domingo ante o Chantada. Un duelo que non defraudou.



O cadro de Álex Cambeiro realizou unha mellor posta en escena e adiantouse por dúas veces no marcador, dobrete de Eva incluido. O Monte Forte competiu de ti a ti en todo momento e igualou de penalti á volta do descanso. A porteira Alex permitiuse o luxo de marcar desde os once metros e deter un lanzamento desde esa mesma distancia ao seu rival. Un Chantada que se resarciu dese erro a balón parado, cun tanto de cabeza á saída dun saque desde o curruncho. Un gol a pelota detida que valeu os tres puntos.

Falabamos antes dunha Comercial que perdía o sábado pola mañá en Monforte. E que tamén sumaba un punto o domingo ante a Milagrosa. Un empate que a mantén viva na pelexa pola fase de ascenso. Eso si, agora precisa dúas derrotas da Milagrosa e vencer os dous partidos que lle restan. O equipo de Vivian Dors deixou pasar unha oportunidade de ouro no derbi capitalino. Aínda que puido ser moito peor. A Milagrosa vencía por 0-2 ao descanso con dobrete de Leire. E conseguiu igualar a contenda e salvar un punto con dous tantos moi seguidos no primeiro cuarto de hora da reanudación.

Alex parou un penalti e meteu outro

Ademais, o San Roque viviu un cruel final nun dos mellores partidos da temporada. As rapazas de Quiroga marcharon ao descanso cun claro 3-1, dobrete de Nai incluido. Seguiron mandando tralo paso por vestiarios pero tiraron a súa vantaxe na última hora, recibindo o cuarto e definitivo gol no límite. O Carballedo descansou nesta xornada.

Tres equipos lucenses na loita por subir a primeira

Sarriana e Lemos empatan a domicilio na

Tres equipos lucenses na loita por subir a primeira

Seijo e Samba elevan o ritmo goleador

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *