Tito, capitán do Cospeito

Tito (Cospeito): «Se todo sigue así, vai ser moi complicado que o equipo saia»

O Cospeito consumou o seu descenso matemático a pasada fin de semana na Segunda Futgal Norte tras perder contra o Guitiriz por 5-1. Unha tempada moi dura na que, ata o momento, non conseguiron ningunha vitoria, pero ao comezo do curso o verdadeiro triunfo foi conseguir que o equipo puidese saír a competir. Un dos grandes artifices foi Tito, o seu capitán, quen se encargou de conseguir a xente suficiente e ata facer en varios encontros a función de adestrador.

Futbolinlugo: Como foi o proceso para poder facer que o equipo saíse adiante?

Tito: Ao principio, o equipo que eramos que casi ascendemos ía quedar todo. Pasei os meses de descanso e de repente nunha semana comezaron a marchar varios e comezaron a arrastrar a algúns máis. Cada un é libre de facer o que queira, pero moitos levaban xogando toda a vida en Cospeito. Ao final moitos pensaron que non ía haber equipo e marcharon e só quedamos catro xogadores.

FIL: Como reorganizastedes ao equipo?



Tito: A base deso comezamos a falar con xente tanto Jesu, o presidente, coma min. El afrontou a tarefa de atopar adestrador e eu comecei a fichar a xogadores que estiveran na base do equipo e xente que xa se retirara do fútbol. Foi todo moi complicado e non íamos sair, pero chegou o adestrador con fichaxes e puidemos xogar.

«Sabíamos que a tempada do Cospeito ía ser complicada»

FIL: Como levou o Cospeito a tempada?

Tito: Sabíamos que ía ser complicada porque facer un equipo novo con xente que case non se coñece entre si e co adestrador que se puxo enfermo fixo todo moi complicado. Inda así ninguén pensaba en que nos fora a ir tan mal.



FIL: Como afronta a entidade o futuro?

Tito: O presidente lleu levamos moitos anos e despois de tanto tempo este ano non queríamos que desaparecese o equipo. Vexo que no Concello os poucos xogadores que hai non quere xogar no equipo, afición non temos e na directiva estamos só. Se non aparece ninguén, o ano que vén vai ser moi complicado e saia. Espero que alguén apareza para manter o equipo porque se non a dificultade é moi alta.

Tito (Cospeito): «Se todo sigue así, vai ser moi complicado que o equipo saia»

A Segunda Futgal está a 2 partidos

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *