#Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

Tan só o Nuevo Nausti aposta por competir no grupo norte de Terceira

Rematamos a rolda de conversas cos clubs da provincia de Lugo falando cos integrantes do grupo norte de Terceira Autonómica. Cando agora se pon en dúbida o comezo das competicións de Primeira para abaixo, a maior parte dos conxuntos apostan por pospoñer o retorno ligueiro. Tan só o Nuevo Nausti é proclive a voltar cando a Federación Galega o indique.

Estas son as opinións de tódolos equipos:

Álex Veiga (Riaoaveso): Aínda temos dúbidas. Dependendo como vaia todo teremos que mirar os gastos que acarrea competir en época do Covid-19. De tódolos xeitos, teremos en conta a opinión dos xogadores para ver si están en disposición ou non de competir.



David Lorenzo (Catro Roldas): Tanto a directiva, como o cadro de xogadores e corpo técnico pensamos que comezar agora sería unha decisión moi precipitada, vendo como está agora mesmo a pandemia e coa incertidume dos vindeiros meses. Parécenos que debería primar a seguridade para tódolos compoñentes do equipo, por enriba das ganas de xogar.

Efrén Pernas (Cazás): Desde o Cazás estamos á espera de que se fixe a data para a inscripción na Terceira Autonómica para consultar a decisión cos xogadores e corpo técnico. Desde a directiva á data de hoxe vemos inviable competir, polo innecesario risco de contaxio e pola dificultade de cumprir as medidas dun «forzado» protocolo. Inclinámonos claramente por renunciar á temporada 2020-2021.



– Javi Serén (Friol B): A nosa postura é a mesma ca do primeiro equipo. Polo temor ao Covid-19 decidimos non darnos de alta na competición e mentres a situación non mellore e se poda garantizar unha seguridade non estamos dispostos a xogar.

– Martín Rodríguez (Celeiro): Non competiremos esta temporada, pensamos que a saúde é o primeiro, así como o traballo dos nosos. A situación actual, por moito que digan, é moi delicada. Ademáis está o tema económico. Nestes momentos, co comercio e a hostelería case pechados, sendo o principal sustento de clubs como o noso. É unha decisión tomada entre todos, directiva, xogadores e corpo técnico. A día de hoxe témolo claro e si a situación mellora pensaremos na seguinte temporada».

 – Carlos Rivas (Nuevo Nausti): Imos facer o que a Federación nos diga, e por suposto a Xunta de Galicia. Estamos vendo que si se fan as cousas ben non hai perigo e tanto xogadores como corpo técnico están pola labor de voltar a competir.

– Gallo (Comercial):   o máis lóxico  é pensar xa na próxima temporada. Tal e como están as cousas o fútbol non é unha prioridad.

 – Martín Monteserín (Lugo Unión): O noso equipo non sairá competir esta temporada.



Tan só o Nuevo Nausti aposta por competir no grupo norte de Terceira

Polvorín e Viveiro comezan o 2021 con

Tan só o Nuevo Nausti aposta por competir no grupo norte de Terceira

Berodia: «Me llamaron de clubs de todas

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *