Trío de Ases Terceira (Xornada 25) e Preferente (Xornada 24)

Meritorio empate do Racing Villalbés no feudo do Somozas, un dos claros candidatos ao play off de ascenso. E definímolo coma meritorio posto que os de Óscar Gilsanz xogaron toda a segunda metade cun home menos pola expulsión de Diego López xusto antes do descanso. Tamén foi expulsado Vérez no banquiño do cadro chairego. No […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 24) e Preferente (Xornada 23)

O Viveiro saiu do descenso despois de golear ao Outeiro de Rei no derbi da xornada. Arturo asinou os dous primeiros tantos nun encontro que os mariñáns sentenciaron na reanudación. Carlos Carrera voltou á meta dos de Juan Peón. Por desgraza, é outro equipo lucense o que entra na queima do descenso: o Atlético Escairón. […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 23) e Preferente (Xornada 22)

Dous equipos lucenses abriron a xornada na matinal do domingo. O Ribadeo estivo a piques de levar tres puntos de ouro do campo do Atlético Arteixo. O conxunto no que milita Dapo, exxogador dos mariñáns, impediuno cun tanto de Geri no desconto. Empate. Unha mágoa porque os de Fiz Rodríguez chegaron a ir gañando por […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 22) e Preferente (Xornada 21)

O derbi da capital foi para a Residencia. Un solitario gol de cabeza de Dieguito prolongou o gran inicio de ano dos de Álvaro Meilán, que suman 10 puntos nos últimos 4 partidos. O pelotón perseguidor aproveitou a derrota do Polvorín e, por exemplo, o Ribadeo xa está a só tres puntos desa segunda praza […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 21) e Preferente (Xornada 20)

O Ribadeo logrou moito máis que tres puntos no Arturo Pereiro. Certificou a súa candidatura ao ascenso diante dun rival directo. E cun gol no minuto 92. Esta vez, o desconto non lle sorriu ao Castro, como fixo a anterior xornada ante o Viveiro. Unha tarde para olvidar a do cadro vermello, que recibiu un […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 20) e Preferente (Xornada 19)

Os derbis desta xornada fixeron cambiar os postos de descenso. A Residencia sae da queima logo de superar ao Outeiro de Rei nun derbi moi parello e disputado en Friol. O cadro de Juan Peón tivo oportunidades para conseguir o empate, pero o meta capitalino Diego Bravos foi decisivo nos momentos clave. Ese posto de […]

Trío de Ases e Destacados da Preferente e Primeira nos adiados de fin de ano

Nesta última fin de semana do ano, en medio do Nadal, tivemos ata cinco encontros dentro dos aprazados pola cicloxénese Ana. Dous de Preferente e tres de Primeira Galicia. Contámosvos xa os detalles e os destacados de todos estes partidos. *Castro-Betanzos: O xogo reanudouse no mesmo punto onde concluiran os vinte minutos disputados: nun saque […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 19) e Preferente (Xornada 18)

Aquí en Lugo sómosvos de extremos. Nada de medias tintas. Por iso, os nosos equipos se atopan ou ben nos postos sobranceiros, ou sufrindo duramente para eludir o descenso. Comecemos polas boas noticias. O Racing Villalbés encarrilou a súa décima xornada sen perder despois de superar ao Laracha a domicilio. Fíxoo con dous goles antes […]

Trío de Ases Preferente (Xornada 17)

Xornada moi reducida no noso fútbol. Á ausencia da Terceira División por mor da disputa da Copa das Rexións UEFA, houbo que añadirlle un elemento extra. Ese que chegou en forma de choiva e vento e se levou por diante a clásica tarde futboleira de domingo. Polvorín, Atlético Escairón e Ribadeo non puideron xogar os […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 18) e Preferente (Xornada 16)

Non puido comezar mellor a xornada para os nosos representantes lucenses. Pleno de victorias na tarde do sábado. O Polvorín impúxose con comodidade ao Atlético Arteixo. Todos os goles chegaron na primeira metade. Doblete de Denís incluido ante o seu exequipo. Na segunda, o rival quedou cun home menos e o triunfo non perigou. Os […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 17) e Preferente (Xornada 15)

O derbi lucense desta xornada tivo un claro color. O vermello do Castro, que goleou por 6-0 a unha Residencia que cae a postos de descenso. Javi Fraga asinou un hat trick e Iván González un doblete. O Outeiro acompaña aos capitalinos nesa delicada zona. Nova derrota dos de Juan Peón, esta vez no feudo […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 16) e Preferente (Xornada 14)

Grandes novas para os nosos equipos esta xornada. O Polvorín xa está en postos de ascenso despois de golear ao Castro. Os de José Durán xa gañaban por 4-0 no minuto 32. Cuadretti marcou un hat trick e no Castro xogaron os dous porteiros. Javi López cambiou a José Manuel por Yebra no ecuador da […]

Trío de ases Terceira (Xornada 15) e Preferente (Xornada 13)

Só dous equipos lucenses foron quen de gañar nesta xornada. O primeiro deles, o Atlético Escairón. Os de Anxo Valcárcel desfixéronse do Ribadeo despois dun encontro moi serio. Os mariñáns tiveron unha tarde para olvidar. O outro dos nosos conxuntos que venceu, foi o Castro. Desfíxose pola mínima do Estudiantil cos goles de Buide e […]

Trío de ases Terceira (Xornada 14) e Preferente (Xornada 12)

Dous derbis tiñamos esta xornada. O primeiro, con contido moi social, na Mariña. Alí o Ribadeo impúxose ao Viveiro de Chusky. O técnico non puido estrenarse con victoria ante un estadio de Cantarrana ateigado de xente. No outro encontro de rivalidade comarcal, empate a 0-0. Castro e Outeiro non puideron poñer fin ás súas malas […]

Trío de ases Terceira (Xornada 13) e Preferente (Xornada 11)

A sesión matinal do día 1 comezou con dous partidos dos nosos. Dous empates. O Castro non pasou do 0-0 inicial ante o Boimorto. O que sí rematou, foi con dous xogadores menos. Iván González e Hugo Buide, foron expulsados. Por certo, Javi López xogou con tres centrais dende o comezo. No entanto, a Residencia […]

Trío de ases Terceira (Xornada 12) e Preferente (Xornada 10)

Domingo de goleadas na capital lucense. A Residencia superou con claridade ao Dumbría, con hat trick de Borja Rasilla incluido. Ademais, o Polvorín desfíxose do Sofán por 3-0 na loita pola tercera plaza. Cuadrado, que errou un penalti, marcou por partida dobre. A última victoria lucense da xornada, foi a do Racing Villalbés na Magdalena. […]

Destacados Primeira. Xornada 8

Cinco goles! Sí, un repóker. Iso conseguiu Diego Chao no campo do Bóveda. Porén non foi a única victoria mariñana. O Riotorto venceu por 0-2 ao San Ciprián e o Foz desfíxose da Pontenova no Martínez Otero. E temos novo líder unha semana máis! A Sarriana, que ganou ao Xermade a domicilio. Acompáñao na zona […]

Trío de ases Terceira (Xornada 11) e Preferente (Xornada 9)

Cantarrana tivo unha alegría despois dunha semana moi complicada. Trala dimisión de Germán Amil, Manuel Vicente López (o seu segundo) asumiu os mandos de maneira provisional. Cumpliu á perfección. Goleada e reconciliación coa afección. Iso sí, él non seguirá coma técnico. Hoxe ou mañá coñeceremos ao próximo adestrador da nave celeste. Nas quinielas aparece moi […]

Trío de ases Terceira (Xornada 10) e Preferente (Xornada 8)

Nada máis e nada menos que dous derbis. Iso foi o que tivemos esta fin de semana. No primeiro deles, o Castro tirou de solidez para deixar a súa porta a cero por segunda semana consecutiva. A expulsión de Félix no Atlético Escairón resultou determinante. No outro encontro entre lucenses da xornada, o Ribadeo asaltou […]

Destacados Primeira. Xornada 6

Xa solo queda un equipo invicto na Primeira Galicia. É o novo líder: o Xove Lago. Os de Miguel Sancosmed alcanzaron o primeiro posto despois de realizar un encontro moi serio na Polvoreira e tumbar por vez primeira na tempada ao San Roque. E falando de primeiras veces, temos que viaxar ata a costa, onde […]