Os onces das semifinais da Copa 2019 (2ª e 3ª Rexional)

Achégase unha das grandes citas da tempada. Xa hai final da Copa da Segunda e da Terceira Rexional. O Roupar chegará como mellor equipo da zona norte. O San Lázaro da zona sur. A cita será este domingo ás 18h no Municipal de Outeiro. Enfriáronse as ansias de alg@ns que contaban con final no Anxo […]

Na búsqueda dos oitavos de final da Copa 2019 en venres

Este venres ás nove da noite o Málaga e o Zaragoza xogan na Rosaleda a antepenúltima xornada da Segunda División. Media hora antes está previsto que se reanude o partido dos dezaseisavos da Copa 2019 entre o Roupar e o Guitiriz. Dous equipos da Segunda Rexional. Evidentemente inflúen as circunstancias, pero o Guitiriz quéixase da […]

O partido da xornada . . . unha praza de ascenso a Preferente en xogo

A Primeira Autonómica chega ao seu fin. E faino con moito en xogo. Cos postos de descenso xa adxudicados a Sporting Pontenova, O Páramo e San Ciprián e un de ascenso para o Lemos, resta por saber que equipo será o que acompañe aos monfortinos o vindeiro ano na Preferente. A emoción estará en dous […]

O partido da xornada . . . C.D. Guntín – A.D. Bóveda: un ascenso marcado por pequenos detalles

Tan só tres xornadas restan para que se baixe o pano da temporada en Segunda Autonómica. Mentras no grupo Norte, Folgueiro, Lourenzá, Guitiriz e tamén Roupar, aínda que con escasas opcións, se xogan os dous postos de ascenso, no grupo Sur ata seis equipos teñen opcións matemáticas: San Roque, Palas, Guntín, Bóveda, Oural e San Lázaro, cos catro primeiros clasificados en tan só dous puntos. Precisamente, os […]

O partido da xornada . . . Ribadeo F.C. – Viveiro C.F.: derbi mariñán con moito en xogo

Con tan só sete xornadas para o final de liga, o derbi mariñán deste domingo ás 17:30 horas no Pepe Barrera entre Ribadeo e Viveiro antóllase trascendental. Cos dous equipos na zona alta da Preferente, pero cos ribadenses aparentemente lonxe da hipotética pelexa polo ascenso, o conxunto visitante, segundo clasificado, afronta unha das saídas máis […]

O partido da xornada . . . Friol C.F. – S.D. Santaballés: dous conxuntos sen complexos fronte a fronte

A Reigosa será o esceario, o sábado ás 16:30 horas, dun dos encontros máis atractivos da Primeira Autonómica. Friol e Santaballés veranse as caras nunha situación, que ben seguro, firmarían cos ollos pechados alá polo pasado mes de setembro. Dous conxuntos sen complexos que miran cara arriba, sen máis presión que a de facer bo […]

O partido da xornada . . . C.D. Foz – S.D. Sarriana: aspiracións contrapostas nun derbi de pronóstico incerto

Fai tan só uns meses, Foz e Sarriana rivalizaban por ser os equipos que ocuparan os postos de ascenso a Preferente nunha Primeira Autonómica das máis competidas dos últimos anos. Ámbolos dous acadaron o seu obxectivo, e este domingo ás 16:15 horas no Martínez Otero voltarán a verse as caras, desta vez con aspiracións contrapostas. […]

Palabra de… Mincha: «O fútbol, unha gran familia»

Cando Futbolinlugo contactou comigo para este artigo, a verdade non sabía que escribir nin por onde empezar. Pero pensei: «E… de que vou falar se non? De fútbol, fútbol e fútbol. É o que levo facendo dende hai 30 anos«. Grazas a este deporte marabilloso a verdade é que podo falar de moitas cousas. Pero […]

O partido da xornada . . . Roupar – Xermade: igualdade nun derbi entre aspirantes ao ascenso

Atopar un derbi entre dous equipos do mesmo concello no noso rural non é doado. Pero Xermade é a excepción. Na xeografía do concello chairego atópanse competindo actualmente catro equipos: Xermade, Roupar, Cabreiros e Cazás, mentras que un quinto, o Momán fíxoo ata non fai moito tempo. Polo que, para os 1.884 xermadinos (dato de […]

O partido da xornada . . . Antas S.D. – S.C.D. Milagrosa: tres puntos e moita autoestima en xogo

O Castro Seoane será o esceario do gran derbi do fútbol feminino lucense. Antas e Milagrosa, os dous representantes do noso fútbol na máxima categoría do fútbol galego mídense este domingo ás 12 horas, nun encontro importante para ambas escadras, na súa pelexa por escapar da zona de perigo. Logo de once xornadas disputadas, as […]

As nosas redes falan

Esta fin de semana voltou ser importante para o fútbol feminino lucense coa presentación da SD Burela ante a súa afección na Marosa Cup. Ademais, as redes sociais tamén recolleron a conexión do programa televisivo «Operación Triunfo» co fútbol da provincia por parte do Roupar e do Xermade. O cadro adestrado por Rebolo comezou moi […]

Mincha, San Roque: «Ogallá puidera darlle 7 ou 8 goles ó equipo»

  O fútbol ten algo que contamina, algo que vicia, algo que a aqueles que o practicaron lles é imposible esquecerse del. Por iso, o que aínda está a tempo de volver sempre volve. Houbo un tempo que os motivos laborais impediron que un dos xogadores da nosa provincia continuase xogando ó fútbol. O vilalbés […]

Esteban, SDC Roupar «Sen o resto do equipo non marcas goles»

Nunca é tarde para volver, sobre todo se é para facer algo que lle gusta a un. Esteban Sánchez Rodríguez estivo dez anos sen correr polos terreos de xogo, pero volveu para adentrarse no fútbol afeccionado. Despois de tres temporadas no Santaballés, convertiuse nun dos referentes do SDC Roupar que a campaña pasada conseguiu o […]

Diario dun mercado. Episodio 47

Coas pretemporadas xa iniciadas, as fichaxes masivas son historia. Agora é tempo de pequenos retoques, de apuntalar determinadas posicións. Os famosos pequenos grandes detalles. Os que poden marcar un ascenso ou un descenso. Temos movementos a contagotas por toda a provincia. O Viveiro sumou un novo efectivo ás súas filas. Trátase do gaditano Sergio Iglesias. […]

Diario dun mercado. Episodio 46

Acumúlanse as novidades no noso fútbol! Inicio das pretemporadas, clubes apurando a confección dos planteis… ou mesmo o establecemento de novos amistosos! Todo iso e máis na edición de hoxe no noso Diario dun mercado.

Diario dun mercado. Episodio 7

Nestes primeiros movementos do mercado boa parte dos equipos están por darlle continuidade aos proxectos da última campaña. Un que se acaba de sumar a esta tendencia é o Atlético Escairón que xa prepara a vindeira temporada comandado de novo por Alberto López. O conxunto do Saviñao, que aínda ten que xogar a Copa (este […]

Hemeroteca: Agora o que ascende é o Roupar. Aquel día o Cabreiros

Viaxamos case nove anos atrás. Ao campo do Roupar. Alí ascende o Cabreiros a Primeira Galicia tras vencer por 0-2. Festa a domicilio. Pero como cambia isto do fútbol, porque agora o que ascende é o Roupar. Despois de subir hai pouco máis dunha semana, volverán atoparse cos vilalbeses na Segunda Autonómica a próxima campaña, salvo […]