Diario dun mercado. Episodio 71

Este mercado de fichaxes non para. Nin sequera en domingo. Hoxe, Futbolinlugo chega con importantes e sorprendentes (algunhas, moito) novas. Comezando pola Terceira División, na que o CD Lugo «B» demostrou que confía no cadro de xogadores que acadou o ascenso na 2017/2018, renovando á meirande parte deles.

Diario dun mercado. Episodio 69

O mercado de fichaxes está nun momento realmente álxido. Os movementos son constantes, así como os diferentes rumores que, como cada ano, corren de voz e voz e incluso algún chega a converterse en realidade. Hoxe, na edición 69 do noso Diario dun Mercado, chegan novas que atinxen a practicamente todas as categorías que contan […]

Diario dun mercado. Episodio 64

Hoxe é un día triste. En especial para aqueles que estamos no mundo do fútbol. En primeiro lugar, queremos dar o noso máis sentido pésame a todos os amigos, familiares, coñecidos de Álex Blanco, así como a membros do CP Calasancio, polo repentino pasamento deste rapaz. 

O partido da xornada . . . dous derbis que deciden a permanencia en Preferente

Coas restantes categorías do noso fútbol xa embarcadas na disputa da Copa Deputación, a Preferente tamén baixa o pano este fin de semana. Cinco conxuntos xa non poñen en xogo máis que a honra de logralos tres puntos. O Polvorín xa co ascenso no peto, Ribadeo e Castro sen opcións de ascenso e Escairón e  […]

Rego (C.D. As Pontes): «Seremos catro equipos os que loitemos polo ascenso a Terceira»

Quixemos traspasalas fronteiras da nosa provincia para falar cun vello coñecido do noso fútbol, o central viveirense Rego, que agora defende as cores do C.D. As Pontes na Preferente Norte. Logo de toda unha vida no Viveiro C.F., no cal era o capitán, e tan só un breve periplo no Iberia e Xove Lago, esta […]

Dani Galán (S.D.C. Residencia): «En Preferente calquera equipo aproveita o máis mínimo erro que cometas»

A S.D.C. Residencia está a vivir a temporada do seu retorno á Preferente Norte, logo de dúas campañas en Primeira. O conxunto dirixido por Álvaro Meilán ocupa o décimoterceiro posto na táboa clasificatoria con trinta e tres puntos, sendo así o mellor dos cinco equipos que ascenderon o pasado ano. Nunha categoría cun número de […]

Javi López (Atlético Escairón): «A chegada de Charlie foi moi importante para nós»

O Atlético Escairón remataba o pasado curso coa satisfacción de ser o equipo revelación do campionato, logrando un moi meritorio sexto posto. Pero as cousas non tardaron en torcerse, e preto de comezala pretemporada, o adestrador Alberto López deixou o banco ao non sentirse identificado coa idea de clube que propuxo a nova directiva. Con […]

O partido da xornada . . . Viveiro C.F. – S.D. Outeiro de Rei: final anticipada pola permanencia

Dúas realidades distintas, dous equipos que comezaron o ano con obxectivos distintos, pero que con máis de media liga gastada teñen que afrontar un reto común: a permanencia en Preferente Autonómica. O vindeiro domingo día 4 de febreiro, ás 16:30 horas, Cantarrana será o esceario dun enfrontamento cara a cara entre Viveiro C.F. e S.D. […]

Fiz Rodríguez (Ribadeo F.C.) «Debemos ser máis regulares se queremos ter opcións de chegar ao segundo posto»

O Ribadeo FC vén de colleitalo pasado domingo un novo triunfo ante o Ordes, que coloca aos mariñáns terceiros, en postos de promoción de ascenso, a tan só tres puntos dos postos que dan acceso á Terceira división. A falta de regularidade do equipo, caendo ante os equipos da zona baixa da clasificación, impedíronlle ao […]

Álex Paz (Viveiro C.F.): «Non hai que ser hipócritas e decir que non pensamos na permanencia»

O Viveiro C.F. non atravesa o seu mellor momento. Con case que media temporada xa gastada ocupa o décimosexto posto na clasificación de Preferente Norte con dezaoito puntos, os mesmos que ten o Residencia, equipo que ocupa posto de descenso. Ademáis ven de perder en Cantarrana ante o Xallas (1-3) amosando unha mala imaxe. Comezou […]

Xaime e Tichu: Dous irmáns fronte a fronte no Derbi da Mariña

Este domingo día 5 de novembro, ás 16:15 horas, o campo viveirense de Cantarrana será testigo dun novo derbi mariñán en Preferente Autonómica. Viveiro e Ribadeo, conxuntos históricos da Mariña de Lugo enfróntanse nun importante compromiso correspondente á duodécima xornada. Ámbolos dous equipos chegan con necesidades contrapostas. Os da cidade do Landro, con Chusky ao […]

Diario dun mercado. Episodio 30

Os movementos no mercado non paran nin en fin de semana, polo que a edición de hoxe ven bastante cargada.

Once da xornada 29 na Preferente Galicia

Os resultados da Preferente Norte trouxeron esta fin de semana boas novas para os equipos lucenses situados na zona media alta da táboa con catro vitorias. Os xogadores máis destacados destes equipos teñen un especial protagonismo no once ideal desta xornada. A nota negativa puxérona os equipos peores clasificados da provincia que continúan ca súa […]

Once da xornada 25 na Preferente Galicia

Unha vez máis os derbis marcaron a xornada na Preferente. Catro equipos da provincia efrontáronse entre si esta pasada fin de semana e convértense nos grandes protagonistas do once ideal. O Ribadeo remontou o seu partido ante a Sarriana na Ribela e sumou a súa terceira vitoria consecutiva que o coloca a tres puntos da […]

O Lugo B e o Viveiro non se renden

Nesta xornada o once Futbolinlugo da Preferente Norte ten protagonismo principal para os xogadores máis destacados das vitorias de Lugo B (ante o Betanzos) e do Viveiro (en Sada). Tres puntos que lles serven aos dous equipos para seguir na pelexa por chegar aos postos de promoción de ascenso. Por riba de todo, sobresae o […]