Diario dun mercado. Episodio 139

Hoxe traemos unha nova edición do Diario dun mercado. Pese a que normalmente por estas datas os equipos se atopan celebrando ascensos ou pasando de rondas na copa, a desafortunada situación que nos tocou vivir este ano fixo que os movementos de xogadores e técnicos se adiantasen.

O partido en imaxes: Club Lemos – Ribadeo CF (2-0)

O Lemos e o Ribadeo enfrontáronse o domingo nun emocioante derbi que se saldou con victoria para os da Pinguela, 2-0. Así, os monfortinos respiran con respecto á zona baixa e o Ribadeo queda asentado no médio da táboa. Ao choque asistiu Mariluz Fagín, autora desta gran galería de imaxes!

O partido da xornada . . . Club Lemos – Viveiro C.F.: o líder rinde visita á Pinguela

Dous históricos do fútbol na nosa provincia veranse as caras este domingo ás 16:30 horas na Pinguela. Lemos e Viveiro, un que voltou á Preferente pra quedarse e outro que pretende subir un chanzo máis. Dúas realidades distintas cítanse nun dos mellores encontros que se pode ver na xeografía lucense, baixo a dirección do colexiado […]

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 1)

Comezou a temporada, e fíxoo con tan só unha derrota para os nosos equipos. Foi a do Polvorín, que non puido puntuar no campo do Arousa. O Racing Vilalbés empatou sen goles ante o As Pontes, mentres que na Preferente, o Viveiro goleou ao Boimorto, Foz e Sarriana firmaron tablas no derbi provincial, ao igual […]

A axenda desta fin de semana (24-25 de agosto)

Comezan os fins de semana no que o fútbol será o protagonista dunha boa parte do tempo de lecer de todos nós. Malia que tan só a Terceira División e a Preferente Autonómica botan a andar neste día de San Bartolo, xa temos encontros máis que interesantes. SÁBADO 24 DE AGOSTO Terceira División  – Racing […]

Os equipos de Preferente xa agardan pola competición

Os seis equipos lucenses da Preferente xa teñen, a falta de case un mes para o comezo da competición, as súas plantillas encarriladas a falta de algún reforzo puntual de última hora. Viveiro, Sarriana, Ribadeo, Foz, Lemos e Residencia afrontarán, a partir do 25 de agosto, unha temporada na que a competencia para acadalos seus […]

Diario dun mercado. Episodio 111

Cun número capicúa comezamos os diarios «despois do All Star». Tras teren abandonado durante uns días os movementos do mercado, acumúlanse as novas. Renovacións, despedidas… sorpresas e moito máis nesta edición!!

Diario dun mercado. Episodio 109

En plena organización do I All Star Futbolinlugo, tamén nos achamos inmersos nun momento chave no mercado de fichaxes. As pezas máis cotizadas do mesmo dispútanse entre os distintos clubes, mentres outros apostan por novas xoias ou por dar continuidade aos seus cadros de xogadores!

Diario dun mercado. Episodio 108

O mercado non para. Clubes e xogadores son conscientes do preto que se atopa o comezo da vindeira campaña, e queren pechar os acordos o antes posible, para crear expectativas e obxectivos tanto no persoal como a nivel de conxunto.

O partido en imaxes: Sarriana-Viveiro (5-2)

Houbo derbi na Preferente. E derbi entre dous galos da categoría, dous conxuntos que levan perseguindo o ascenso á Terceira División durante todo o ano. Neste caso, venceron os locais nun choque moi tenso e no que os ataques primaron por riba das defensas, xa que se viron un total de 8 goles na Ribela!

O partido da xornada . . . S.D. Sarriana – Viveiro C.F.: a Ribela dictará sentencia na pelexa polo ascenso

Coa salvedade do C.D. As Pontes, destacado líder durante toda a temporada, co ascenso e o campionato no peto desde fai varias xornadas, a pelexa polo segundo posto preséntase, nesta Preferente, máis aberto e emocionante que nas últimas edicións. Catro equipos con opcións, e dous son lucenses: Sarriana e Viveiro. Ambos enfrontaranse o domingo ás […]

Así está a carreira polo All Star Futbolinlugo na Preferente

Tan só cinco xornadas restan para o remate da temporada 2018/2019 na Preferente, e salvo o Castro que xa perdeu a categoría, todo está por decidir. Viveiro e Sarriana manteñen intactas as súas opcións de ascenso e pelexarán, incluso con enfrontamento directo, por acompañar ao As Pontes na Terceira. O Foz, liberado dos postos de […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 32) e Preferente (Xornada 33)

A Terceira deixounos o importante triunfo do Racing Vilalbés ante o Alondras, conxunto da zona alta da clasificación, mentras que o Polvorín caeu derrotado no Alcalde Candocia ante o Somozas. Na Preferente, o Viveiro igualou un complicado encontro ante o Noia e segue moi vivo na pelexa polo ascenso, ao igual que a Sarriana, logo […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 31) e Preferente (Xornada 32)

Pleno de triunfos na Terceira. O Polvorín gañou nun final tolo ao Ribadumia, mentras que o Racing Vilalbés derrotou na Illa de Arousa ao Céltiga e suma tres puntos transcendentais de cara a permanencia. Na Preferente, o derbi mariñán entre Ribadeo e Viveiro rematou en empate, mentras que a Sarriana achégase aos postos de ascenso […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 30) e Preferente (Xornada 31)

O Polvorín fíxose co derbi lucense de Terceira e condena ao Racing Vilalbés a seguir sufrindo. Na Preferente o Viveiro sentenciou o descenso do Castro cunha goleada, mentras que a Sarriana empatou na Ribela ante o Noia logo de desaproveitar dous goles de ventaxa. O Ribadeo superou o trámite no campo do colista Estudiantil, e […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 29) e Preferente (Xornada 30)

Doble triunfo lucense na Terceira. O Polvorín venceu na Cheda ao Laracha, mentras que o Racing Vilalbés impúxose no Couto ao Ourense. Na Preferente fallaron os dous conxuntos que pelexan polo ascenso. O Viveiro nun mal encontro, caeu goleado no campo do Xallas, mentras que a Sarriana viuse superada polo Ribadeo no derbi do Pepe […]

O partido da xornada . . . Ribadeo F.C. – S.D. Sarriana: derbi de altura no Pepe Barrera

A Preferente achéganos un derbi provincial do máis interesante. Este sábado ás 17:30 horas, no Pepe Barrera mídense Ribadeo e Sarriana. Para o conxunto local, un partido máis, co oxectivo de mantela boa dinámica da segunda volta, mentras que para os visitantes é unha das nove finais que lle restan para tentalo asalto á segunda […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 28) e Preferente (Xornada 29)

Xornada cun só triunfo para os conxuntos lucenses. Foi o da Sarriana no derbi provincial ante o Castro, ao que goleou por sete tantos a cero. O resto dos marcadores da Preferente deixáronnos un empate á desesperada do Viveiro en Cantarrana e outro moi valioso do Foz en Arteixo, mentras que o Ribadeo rachou a […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 27) e Preferente (Xornada 28)

Pleno de empates na Terceira. O Polvorín igualou na Cheda ante o Choco mentras que o Racing Vilalbés acadou un punto na Senra ante o Ribadumia. Na Preferente o Viveiro, nun econtro con sete goles, gañou no campo do Sofán mentras que a Sarriana impúxose na Fontenla ante o Xallas nun encontro moi serio. O […]

Xaime (Viveiro C.F.): «Esta temporada acadamos o cóctel perfecto para que todo vaia polo camiño marcado»

Logo dun ano tremendamente difícil, acadando a permanencia na Preferente unha vez rematada a temporada, o Viveiro cambiou o chip. Desde o clube apostouse pola continuidade de Chusky no banco, e por darlle a alternativa a un grupo de rapaces da casa, xunto co fichaxe de xogadores experimentados na categoría. A pouco máis de dous […]