Sarriana e Viveiro colideran a Terceira RFEF

Chega o segundo Trío de Ases O Cantón da temporada, e faino con outra xornada de bos resultados dos nosos equipos de Terceira RFEF. A Sarriana derrotou con claridade na Ribela ao Valladares e o Viveiro venceu pola mínima en Cantarrana ao Arousa. Racing Vilalbés e Polvorín acadaron sendos empates como locais. Os chairegos diante […]

Un pleno na Terceira RFEF para comezar

Volveu a competición e chega o Trío de Ases Panadería O Cantón. Non puido comezar mellor para os conxuntos lucenses de Terceira RFEF. Un pleno de vitorias, ademáis a domicilio. O Racing Vilalbés goleu ao Betanzos, a Sarriana venceu no campo do todopoderoso Arousa, o Polvorín derrotou ao Barbadás e o Viveiro fixo o propio […]

A pretemporada en imaxes: Lemos – Racing Vilalbés

Os conxuntos lucenses ultiman a súa posta a punto de cara a temporada que está a piques de comezar. O Racing Vilalbés deu mostra da súa calidade e imúxose con claridade na Pinguela ao Lemos. Aquí as mellores imaxes do encontro da cámara de Mariluz Fagín.

Ribadeo e Lemos comezan na casa a nova Preferente Futgal

Xa se coñece a folla de ruta dos catro conxuntos lucenses que disputarán a recén denominada Preferente Futgal. Unha categoría que seguirá mantendo a tradicional división norte-sur e que compoñerán dezaoito equipos. Mugardos, Sofán, Miño, O Val, Dubra, Negreira, Paiosaco, Ribeira, Montañeros, San Tirso, Arzúa, Ordes e Sigüeiro, representarán á provincia da Coruña, mentres que […]

A Preferente 2024/2025 xa colle forma

A Federación Galega de Fútbol comeza a deseñar unha nova temporada no noso fútbol, nun ano marcado en negriña ao ser o primeiro no que os límites xeográficos non determinará a composición dos grupos. A Preferente é a primeira que comeza a coller forma. E o certo é que non se albiscan grandes trocos na […]

Diario dun mercado. Episodio 413

O mercado non para. Comezamos este novo diario coa mellor xogadora da provincia. Lucía Pardo deixa o Madrid CFF logo de tres anos na capital. Tras comezar no filial, a de Outeiro rapidamente chegou ao primeiro equipo e inscribiu o seu nome na historia do fútbol feminino tras ser a primeira goleadaora na temporada 2022/2023, […]

Diario dun mercado. Episodio 411

O Diario dun Mercado chega con importantes novidades en distintas categorías

Diario dun mercado. Episodio 405

Comezamos este novo Diario dun Mercado coa renovación de Juan no Viveiro. O canteirán, que se convertiu nun fixo no once titular nesta pasada temporada, seguirá defendendo as cores do conxunto mariñán ás ordes de Jandri Rego. O Ribadeo xa ten novo presidente. Valentín Coto, ata o de agora máximo responsable da SD Ribadeo, entidade […]

Diario dun mercado. Episodio 403

Os adestradores seguen protagonizando os primeiros días do mercado. David Páez declinou a oferta de renovación do Estradense logo dunha temporada no club, na que logrou acadar a permanencia sen demasidados apuros. Un que marcha da nosa provincia e o vigués Jorge Cuesta. Logo dunha exitosa campaña na Sarriana asinou no Bergantiños, conxunto que militará […]

Fito Periale, novo fichaxe neste mercado do Lemos

Diario dun mercado. Episodio 401

Acumúlanse as novidades no mercado. Entrados xa no mes de xuño, os clubes comezan a debuxar os seus proxectos de cara á próxima temporada.

A Sarriana decidirá na volta o pase á final do play off de ascenso

A ida da semifinal do play off de ascenso a Segunda RFEF deixanos o empate sen goles da Sarriana na Ribela fronte ao Gran Peña, nun encontro onde ámbolos conxuntos deixaron os deberes para a volta. Na Preferente, o Castro foi quen de rematar a temporada con vitoria no campo do Eume, mentres que Lemos, […]

Só un milagre salvaría a Residencia e Castro

O Trío de Ases O Cantón tráenos a úlitma xornada da liga regular na Terceira RFEF á que os nosos representantres chegaban cos deberes feitos. O Viveiro empatou en Cantarrana diante do Arousa, mentres que Sarriana e Polvorín caeron derrotados a domicilio no campo de Rápido de Bouzas e Paiosaco, respectivamente. Na Preferente o Lemos […]

O Racing Vilalbés cae a unha Terceira RFEF onde os lucenses acadaron os obxectivos

O Trío de Ases O Cantón chega cargado de novas para os conxuntos lucenses. O Racing Vilalbés dixo adeus á Segunda RFEF tras perder en Pasarón diante do Pontevedra. Na Terceira RFEF moi boas novas para os tres equipos lucenses. O derbi da Ribela caeu do lado dun Viveiro que garantiu a permanencia na categoría […]

Tres puntos para que o Racing Vilalbés soñe coa permanencia

O Trío de Ases O Cantón tráenos a imprescindible vitoria do Racing Vilalbés diante do Coruxo na penúltima xornada ligueira en Segunda RFEF. Os chairegos manteñen así opcións de permanencia ata o derradeiro encontro que disputarán en Pasarón diante dun Pontevedra que non porá nada en xogo. A peor nova é que para lograr manter […]

O Racing Vilalbés, sen marxe de erro na Segunda RFEF

O Trío de Ases O Cantón déixanos a derrota do Racing Vilalbés no campo do Guijuelo. Os chairegos, perxudicados pola vitoria da Ximnástica Torrelavega, queda en posto de descenso a tres puntos do play out e xa a cinco da permanencia con seis en xogo. Na Terceira RFEF pleno de vitorias para os nosos. A […]

O Viveiro vence no derbi da Cheda e afástase do descenso

Trío de Ases O Cantón con encontros que xa son finais. Na Segunda RFEF o Racing Vilalbés afrontou unha diante do Cayón, que rematou nun empate amargo acadado polo cadro cántabro no desconto. Un chanzo máis abaixo o Viveiro venceu ao Polvorín no derbi provincial, mentres que a Sarriana caeu con polémica na Ribela diante […]

A Sarriana sitúase a un só punto do play off de ascenso

No Trío de Ases O Cantón desta xornada destacamos o empate do Racing Vilalbés no campo do Langreo, conxunto que ocupa posto de promoción de ascenso. Na Terceira RFEF, a Sarriana chega ao tramo final de temporada no seu mellor momento e sitúase a un punto do play off tras vencer no campo do Pontevedra […]