O partido en imaxes: Guntín-Palas (2-1)
O cadro de Martín conseguiu o ascenso nunha auténtica final coa bancada ateigada
O cadro de Martín conseguiu o ascenso nunha auténtica final coa bancada ateigada
Xa non vai máis. Chega a derradeira xornada en Segunda Autonómica. No grupo Norte todo o peixe vendido na zona alta cos ascenso de Folgueiro e Lourenzá, pero no grupo Sur agárdanos unha xornada que non pode ser máis emocionante, con cinco equipos con posibilidades matemáticas de acadalo ascenso. C.D. GUNTÍN – PALAS C.D. (DOMINGO […]
Tan só tres xornadas restan para que se baixe o pano da temporada en Segunda Autonómica. Mentras no grupo Norte, Folgueiro, Lourenzá, Guitiriz e tamén Roupar, aínda que con escasas opcións, se xogan os dous postos de ascenso, no grupo Sur ata seis equipos teñen opcións matemáticas: San Roque, Palas, Guntín, Bóveda, Oural e San Lázaro, cos catro primeiros clasificados en tan só dous puntos. Precisamente, os […]
Con tan só sete xornadas para o final de liga, o derbi mariñán deste domingo ás 17:30 horas no Pepe Barrera entre Ribadeo e Viveiro antóllase trascendental. Cos dous equipos na zona alta da Preferente, pero cos ribadenses aparentemente lonxe da hipotética pelexa polo ascenso, o conxunto visitante, segundo clasificado, afronta unha das saídas máis […]
Chegan as derradeiras dez xornadas de competición na Primeira Autonómica. Na zona alta, o Lemos conta as xornadas para cantalo seu retorno a Preferente. Por detrás, catro equipos xogaranse o outro posto de ascenso. Dous deles, Residencia e Santaballés enfróntanse o domingo ás 17:30 horas na Cheda. A S.D. Residencia é quinta clasificada con corenta […]
Non fai moito tempo no Valadouro a Primeira parecía quedar pequena, e pouco antes, en San Miguel, competíase de ti a ti cos equipos máis punteiros da Preferente. Diferentes circunstancias nos dous equipos fixeron que os anos gloriosos remataran e este domingo, ás 16:15 horas, o campo do Árbol acollerá un enfrontamente entre A.C.D. Valadouro […]
Este sábado ás 16 horas, o Palas, líder do Grupo Sur da Segunda Autonómica recibe nos Chacotes ao cuarto clasificado, o Guntín, pero só separados por un punto na clasificación. Un encontro dos máis atractivos neste fin de semana de retorno do fútbol na nosa provincia despois do parón polas festas do Nadal. Malia derrota […]
Atopar un derbi entre dous equipos do mesmo concello no noso rural non é doado. Pero Xermade é a excepción. Na xeografía do concello chairego atópanse competindo actualmente catro equipos: Xermade, Roupar, Cabreiros e Cazás, mentras que un quinto, o Momán fíxoo ata non fai moito tempo. Polo que, para os 1.884 xermadinos (dato de […]
Un dos clásicos da Primeira Autonómica está a dala campanada neste comezo de competición: o Santaballés. E este domingo ás 16:30, recibe no campo da Liga a un dos grandes favoritos ao ascenso: a Residencia. O cadro chairego, adestrado esta campaña por Simón Lamas, que ademáis está a facer unha gran labor na base do […]
A pasada fin de semana disputouse en Guntín un interesante partido entre o equipo da vila e o Ferreira CF, que rematou con victoria para os locais (3-1), pero no que a emoción se mantivo os 90 minutos, no que ademáis participou un curioso convidado!
O domingo ás 18 horas, o Suso Cruz será o esceario do encontro entre dous dos grandes favoritos a ocupalos postos de ascenso a final de temporada na Segunda Autonómica. O líder, Guitiriz, recibe a un Xermade tamén invicto que ocupa o segundo posto na clasificación. A pasada temporada rematou con certa decepción para os […]
Hoxe non contamos con novidades en Terceira. Porén, o resto das categorías si que protagonizaron unha gran cantidade de movementos. Comezamos, como habitualmente, por arriba, a Preferente Norte. Nela, Josema volve ao Castro tras abandonar a portería do Atlético Escairón. Tamén serán xogadores vermellos Javi Fraga, Hugo Buide, Alberto Rey e Dumi.
A Sarriana é un dos equipos que máis se está movendo estes días no mercado provincial. Omar Rodríguez converteuse na nova fichaxe do conxunto adestrado por Alberto López nesta etapa na Preferente. Aos seus 31 anos cambia o Municipal de Castro pola Ribela despois de pasar por clubs como o Valadouro, Vilalbés ou Residencia. No […]
Este domingo ás 17 horas no campo de Ladairo disputarase o encontro de volta da eliminatoria polo ascenso a Segunda Autonómica. Unha auténtica final entre o C.D. Guntín e a S.D. Muimenta, na que o cadro local parte cunha lixeira ventaxa, acadada no encontro de ida no Pichón que rematou con empate a un gol. […]
Resultados última xornada Segunda Galicia (equipos que tiñan opcións de ascender) Burela 4-0 Ourol Pol 4-0 Iberia Folgueiro 6-0 Meira Chantada Atlético 3-0 San Lázaro 6-0 Oural A derradeira xornada do mes de abril resolveu parte das incógnitas nas competicións regulares na Primeira, Segunda e Terceira Rexional. A falta de tres xornadas para que remate […]
Este domingo ás 17:30 horas, a Pinguela acollerá, na xornada 31 de liga, unha auténtica final polo ascenso na Primeira Autonómica. Dous equipos, Lemos e Foz, que ven como o tren do ascenso pasa por gañar este encontro, aínda que ámbolos conxuntos están separados por seis puntos na táboa clasificatoria. Os monfortinos non teñen outra […]
Máis que partido da xornada poderíamos chamarlle partido da temporada. Enfróntanse os dous mellores equipos da Primeira Autonómica, ou iso di a clasificación. O líder, a S.D. Sarriana con 66 puntos recibe a visita do segundo clasificado con tan só un punto menos, o C.D. Foz. Será este domingo ás 17 horas na Ribela. Salvo […]
Este domingo ás 17 horas na Marosa dispútase un encontro que marcará o futuro da Segunda Autonómica. S.D. Burela e E.D. Lourenzá eran desde o comezo da competición dous firmes candidatos a ocupalos postos cabeceiras nesta categoría. Os burelaos, logo do descenso do pasado ano, buscaban saír do pozo á primeira, pero a temporada, malia […]
Tan só restan sete encontros na Segunda Autonómica, polo que a partir de agora cada encontro é unha final na que cada equipo loitará sen cuartel polo seu obxectivo. E máis se cabe se hai enfrontamentos directos entre escadras que pelexan por un mismo fin. É o caso da S.D. Pol e do Guitiriz S.D. […]
Fotógrafo: Endie DoaRúa