Dous técnicos de renome máis para o All Star
Un par de incorporacións de luxo para os banquiños da gran festa do fútbol lucense
Un par de incorporacións de luxo para os banquiños da gran festa do fútbol lucense
Esta mañá, Futbolinlugo deu un paso máis na súa curta historia. Coa firma dun acordo histórico e sen precedentes cun dos referentes da comunicación mundial. O acto tivo lugar no Hotel Tallón Eurobuildings de Roupar de Abaixo. Dende o próximo 1 de xaneiro, esta casa pasará a formar parte do conglomerado de empresas e asociacións de […]
Sábado e domingo , semana tras semana, a esencia do noso fútbol vívese ao longo e ancho da nosa provincia. Onde a ilusión de moitos xogadores e pobos conflúe nunha mesma ilusión, o amor e enfermidade polo fútbol. Dende xogadores que estudan fóra e veñen os venres para os seus pobos de orixe, a persoas […]
Estade moi atentos á nosa web cada semana! Porque facer un gran partido cada xornada pode ter un suculento premio. Os xogadores e nomes que máis veces saian durante a temporada, tanto nos Sobranceiros, Onces, Trío de Ases ou Destacados; optarán a estar nun macroevento, totalmente novidoso en Galicia, que recoñecerá o seu gran facer […]
Gran parte dos nosos equipos atópanse en plena pretemporada, buscando o punto de forma óptimo para unha nova e ilusionante campaña. Nós non somos menos. E xa estamos a preparar o vindeiro curso futbolístico. Co noso ‘staff técnico’ renovado ao completo, xa vos podemos anunciar a programación que teremos a partires de setembro. Unha aposta […]
Remataba o ano futbolístico na Primeira Autonómica e Felipe Varela quixo despedilo 2017 ao grande. O A.C.D. Valadouro necesitaba o triunfo ante un Bóveda que pelexa por saír da zona baixa, e o dianteiro contribuiu con un repóquer. Os de Julio César Castro gañaron 6-2 e asoman a cabeza pola zona media da clasificación. Non […]
Entramos nunha época do ano de sentimentos enfrontados. Veñen as festas das xuntanzas, das comidas e das celebracións, pero sen fútbol; aínda que este ano algúns si teñen que xogar. Os partidos aprazados da xornada 17 na Preferente estanse disputando nestes días e colle a algún lucense polo medio (Ribadeo, Lugo B, Castro e Escairón). […]
O Viveiro C.F. non atravesa o seu mellor momento. Con case que media temporada xa gastada ocupa o décimosexto posto na clasificación de Preferente Norte con dezaoito puntos, os mesmos que ten o Residencia, equipo que ocupa posto de descenso. Ademáis ven de perder en Cantarrana ante o Xallas (1-3) amosando unha mala imaxe. Comezou […]
Logo dun preocupante comezo de temporada, no que os resultados non acompañaron, dous triunfos nas últimas tres xornadas, fan que o C.D. San Ciprián saia dos postos de perigo e afronte o último tramo da primeira volta con máis tranquilidade. Ademáis con troco de adestrador de por medio, logo da saída de Chusky dirección Cantarrana, […]
A pasada campaña, Carlos Cora foi un dos grandes artífices do gran ano do Valadouro en Primeira Autonómica. Os seus goles mantiveron o equipo nos postos de privilexio e en algunhas etapas da temporada con podibilidades de loitar polo ascenso. Agora a súa vida profesional está vinculada ás Forzas Armadas. O seu destino na […]
Este domingo día 5 de novembro, ás 16:15 horas, o campo viveirense de Cantarrana será testigo dun novo derbi mariñán en Preferente Autonómica. Viveiro e Ribadeo, conxuntos históricos da Mariña de Lugo enfróntanse nun importante compromiso correspondente á duodécima xornada. Ámbolos dous equipos chegan con necesidades contrapostas. Os da cidade do Landro, con Chusky ao […]
Chegou o día. Despois de tanto tempo na miña cabeza por fin ‘o bebé’ ve a luz. Mesmo se realizou un Proxecto Fin de Carreira sobre Futbolinlugo! Quizais estea un pouco tolo. Non o vou negar. Porén os soños hai que alimentalos. E por traballo, ilusión e ganas non vai ser. Polo camiño fun atopando […]