A Axenda: o liderato da Preferente, en xogo en Cantarrana

A Axenda desta xornada ven protagonizada polo partidazo de Cantarrana, pero nen moito menos ten o protagonismo absoluto. Ademáis do partido da xornada, temos unha ampla oferta ao longo e ancho da nosa provincia. Terceira División – Racing Vilalbés – Bergantiños C.F. (Domingo ás 16 horas na Madalena): encontro trampa na capital da Terra Chá. […]

A Axenda: o filial do Athletic visita a Reigosa

Ademáis do noso Partido da Xornada, presentámosvos a nosa Axenda para este fin de semana, que nos trae un derbi provincial en Preferente ou a visita dun histórico á Reigosa, entre outros moitos encontros de interese. Terceira División – Polvorín – U.D. Ourense (Domingo ás 16:15 horas na Cheda): co obxectivo de acadar a terceira […]

O partido da xornada . . . Ferreira C.F. – S.D. O Páramo: os dous equipos máis en forma cítanse no Baliño

Chega a sexta xornada na Segunda Autonómica. Malia que é cedo para valorar a traxectoria dos equipos nesta temporada 2019/2020, moitos xa toman un ou outro camiño. Ferreira e Páramo son dous equipos con historia chamados a pelexar polos postos de cabeza do grupo sur. Enfrontaranse este domingo ás 16 horas no Baliño. O Ferreira, […]

O partido en imaxes: SD Becerreá-Ferreira CF (1-5)

O pasado domingo, o Ferreira asaltou o Municipal de Becerreá, saíndo da Montaña con tres puntos e un resultado moi positivo, 1-5. Porén, o choque foi máis igualado do que reflicte o marcador, non hai máis que ver as mellores imaxes do mesmo, asinas por Leti Fernández!!

O partido en imaxes: Ferreira-Río Sil (5-1)

A pasada semana Mariluz Fagín estivo en Ferreira, onde presenciou a victoria dos locais ante o recén ascendido Río Sil. Ademáis, inmortalizou o choque con esta gran galería!!

A Axenda do fin de semana (12-13 outubro)

Chega unha nova xornada ligueira. Ademáis do derbi mariñán que protagoniza o Partido da Xornada, ofrecémosvos unha escolma dos mellores partidos para ver ao longo e ancho da nosa provincia. Terceira División – Polvorín – C.D. Barco (Sábado ás 18:30 horas na Cheda): os de José Durán reciben a un dos conxuntos máis en forma […]

As nosas redes falan

A semana anterior deixounos varios lesionados de gravidade no noso fútbol. Os seus compañeiros e nalgúns casos rivais saíron na última xornada con mensaxes de apoio. No Goiriz amosaron os seus ánimos a Javi Lozano e no Palas ao seu dianteiro Juanjo. A continuación salientamos algúns outros. O compañeirismo primeiro O Ferreira e o Río […]

A Axenda do fin de semana (28-29 de setembro)

Deixámosvos unha escolma dos encontros máis interesantes que podemos ver este fin de semana na nosa provincia, sen esquecer o Partido da Xornada: TERCEIRA DIVISIÓN  – Polvorín – Alondras (Domingo ás 19:15 horas na Cheda): logo do meritorio empate acadado no campo do Arenteiro, os de José Durán tentarán gañar para abandonalos postos de descenso. […]

O partido en imaxes: Ferreira CF-SDC Santa Comba (2-1)

Volveu o fútbol ao Baliño, e volveu con victoria para os locais. Tras un duelo moi igualado, o Ferreira superou ao Santa Comba pola mínima, 2-1. Como é habitual, Leti Fernández presenciou o choque e nos deixou unha gran galería de imaxes do mesmo!!

Diario dun mercado. Episodio 121

O Polvorín ponse en marcha. Faino con dúas novas chegadas máis do que xa anunciamos. O gardamallas Unai Marino chega a Lugo. É o vencedor do «En Busca del Portero del Futuro» organizado por Fútbol Emotion. O porteiro de Bizkaia estará no filial e traballará co primeiro equipo. Deste xeito no Polvorín haberá tres porteiros. […]

Diario dun mercado. Episodio 119

Xa coa data de comezo prevista en Terceira e Preferente, continúa a posta a punto dos nosos equipos. Na Preferente o protagonista é o C.D. Foz, que pechou dúas novas incorporacións. Andrés Bustelo, procedente do Xove Lago, reforzará o centro do campo do conxunto de Gayol, mentras que Manolo retorna ao Martínez Otero logo dunha […]

O partido da xornada . . . unha praza de ascenso a Preferente en xogo

A Primeira Autonómica chega ao seu fin. E faino con moito en xogo. Cos postos de descenso xa adxudicados a Sporting Pontenova, O Páramo e San Ciprián e un de ascenso para o Lemos, resta por saber que equipo será o que acompañe aos monfortinos o vindeiro ano na Preferente. A emoción estará en dous […]

O partido da xornada…A.C.D. Valadouro – Iberia C.F.: dous históricos en apuros cítanse no Árbol

Non fai moito tempo no Valadouro a Primeira parecía quedar pequena, e pouco antes, en San Miguel, competíase de ti a ti cos equipos máis punteiros da Preferente. Diferentes circunstancias nos dous equipos fixeron que os anos gloriosos remataran e este domingo, ás 16:15 horas, o campo do Árbol acollerá un enfrontamente entre A.C.D. Valadouro […]

O partido da xornada . . . C.D. Alfoz – S.C.D. Milagrosa: dous históricos na procura de tres puntos claves

O Municipal de Alfoz será, o sábado ás 16:15 horas o esceario dun encontro trascendental no grupo Norte da Terceira Autonómica. O conxunto local, o C.D. Alfoz, segundo clasificado, verase as caras co terceiro, a S.C.D. Milagrosa, ao que aventaxa en tres puntos. Ámbolos dous conxuntos descenderon a pasada campaña a unha categoría descoñecida para […]

Galería de imaxes: CD Palas – Ferreira FC

O pasado domingo foi día de partido en Palas, que mediu ao equipo local co Ferreira, vencendo 2-1 o conxunto dos Chacotes. Leti Fernández presenciou o duelo e tomou unha serie de imaxes que compoñen esta galería fotográfica!